lunes, 27 de febrero de 2023

ACTIVIDADE DE ATLETISMO

Esta semana o alumnado de primaria está a recibir unha sesión de atletismo no que practican algunhas das diferentes modalidades deste deporte, como por exemplo: os saltos de lonxitude e de altura, as carreiras e o lanzamento de vortex.

Estas sesións están impartidas por membros do Club Escola Atletismo Deza, aos cales lle agradecemos a súa disponibilidade para levar a cabo a actividade.

Podedes ver as fotos premendo 👉AQUÍ👈

En relación con esta actividade, este fin de semana celébrase en Lalín a XIII Carreira do Cocido. Se queredes pasar un rato entretido, e poñer a proba a vosa forma física, animádevos a participar.  

Se premedes sobre a imaxe accederedes á páxina onde poderedes facer a vosa inscrición, ver o regulamento...


martes, 21 de febrero de 2023

RECOMENDACIÓNS DE ACTIVIDADE FÍSICA

Posto que no centro estamos a participar no Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD), cremos importante difundir as seguintes infografías publicadas polo Ministerio de Sanidade con recomendacións de actividade física. 

O seu obxectivo é dar a coñecer á poboación cal é a cantidade, intensidade, frecuencia e duración da actividade física que beneficia á saúde. Baséanse nas recomendacións existentes a nivel internacional, e na evidencia científica, tendo como obxectivo final que toda a poboación sexa máis activa fisicamente.

Se pinchades en cada grupo de idade accederedes á información.

    - Menores dun ano de idade.

    - De 1 a 2 anos de idade.

    - De 3 a 4 anos de idade.

    - Poboación de 5 a 17 anos de idade.

    - Poboación adulta. 

    - Mulleres embarazadas.

A continuación deixámosvos o enlace á páxina por se queredes ver a información completa (pulsa AQUÍ).

martes, 14 de febrero de 2023

FÚTBOL SALA - XOGADE (Alevín)

Como en datas pasadas, hoxe disputamos no pavillón César González Fares de Silleda un minicampionato de fútbol sala contra os equipos do CEIP Ramón de Valenzuela (A Bandeira), CEIP Vicente Arias de la Maza (Vilatuxe) e do CPR Plurilingüe María Inmaculada. 
Ao longo da mañá celebráronse diferentes partidos de categoría alevín (5º e 6º EP) nos que o resultado foi o de menos, xa que os nenos e nenas pasárono moi ben.

Tedes máis fotos na galería da web do cole.

Pincha sobre a imaxe

lunes, 6 de febrero de 2023

CAMPIONATO DE CARRILANAS

Despois da posta a punta das carrilanas e da toma de contacto que levamos facendo dende a semana pasada coas mesmas, temos que anunciar a celebración para este xoves 9 e venres 10 dun campionato na modalidade "contra o reloxo".

A proba realizarase en dous días, competindo o xoves o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP e o venres os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de EP.

O regulamento da competición será o seguinte:

      - Cada equipo estará formado por dous alumn@s.

    - A proba consistirá en dar 2 voltas ao circuíto, tendo en cada volta que ser un piloto diferente.

      - Cada saída de pista penalizará con 5 minutos que se sumarán ao tempo final.

     - O tempo comezará a correr ao son da bucina e pararase ao cruzar por segunda vez a liña de meta.

       - Gaña o equipo que realice o percorrido no menor tempo posible.


ASIQUE XA SABES!!!! BUSCA COMPAÑEIR@ E ANÍMATE A PARTICIPAR!!!!!!😉



*Podedes ver as fotos destes días pinchando 👉AQUÍ👈