lunes, 26 de diciembre de 2022

CARREIRA DE SAN SILVESTRE

Como algúns xa sabedes, o sábado 31 de decembro vaise celebrar en Silleda a Carreira de San Silvestre. Se queredes finalizar o ano pasando un rato entretido, e poñendo a proba a vosa forma física, animádevos a participar!!!! 

viernes, 23 de diciembre de 2022

ACTIVIDADES EN FAMILIA

Neste apartado iremos subindo diferentes actividades que podedes facer en familia e que teñen relación co exercicio físico. 

Para estes días de vacacións, propoñémosvos dúas propostas que vos axudarán a pasar un rato entretido á vez que realizamos actividade física.  

Para os días de bo tempo podedes acercarvos ata a Área Recreativa das Pedrosas onde podedes disfrutar do parque infantil, o parque biosaudable, a cancha polideportiva e aproveitar para facer camiñando a mini ruta circular que hai dentro do recinto.

  

Pola contra, se o tempo non acompaña, podedes descargar o xogo de mesa da Oca. Esta versión é adaptada para que cada vez que movamos ficha, teñamos que facer o exercicio que nos indiquen. Podedes descargar o xogo pinchando sobre o taboleiro.

                                                  

* As regras son orientativas, polo que podedes adaptar as actividades á idade dos nenos e nenas.

Esperamos que vos gusten estas dúas prospotas!!!

viernes, 2 de diciembre de 2022

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Aproveitando que mañá, 3 de decembro, celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, aconsellámosvos ver "Campeones". Esta película engloba cousas moi importantes como son os valores, o deporte e o humor, pero hai que ter en conta que non está recomendada para menores de 7 anos. 

Déixovos o trailer por se aínda non coñecedes o seu argumento e vos anima a vela.