miércoles, 28 de septiembre de 2022

ACTIVIDADE DE ESGRIMA

O luns e martes desta semana, o alumnado de 3º, 4º, 5º, e 6º de EP tivo a oportunidade de coñecer e practicar a esgrima. 

Foi unha pequena toma de contacto que consistiu nunha breve descrición teórica deste deporte, así como das súas armas e o seu equipamento. Tamén tiveron a oportunidade de practicar os movementos básicos e de realizar algún asalto, sempre guiados polo monitor.

Temos que agradecer aos compoñentes de Compostela Esgrima a súa colaboración para realizar dita actividade.

Se premedes sobre a imaxe, podedes ver as fotos das sesións.

lunes, 12 de septiembre de 2022

CAMPIONATO DE BRILÉ

Aquí vos deixamos o cartel do Campionato de Brilé que imos organizar no cole. Se queredes participar, recordarde asistir á reunión que se vai celebrar o mércores 14 de setembro no pavillón durante o recreo.  Vémonos alí!!

ESCOLAS DEPORTIVAS

A partir de hoxe queda aberta a inscrición nas distintas Escolas Deportivas. 

Por un lado deixámosvos dous enlaces das actividades organizadas polo concello, un deles da propia páxina onde atoparedes a información e a folla de inscrición (Pincha AQUÍ), e un segundo enlace coa oferta de actividades (Pincha sobre a imaxe).

Outras das actividades que se ofertan en Silleda é a de esgrima. Tedes no cartel o teléfono de contacto.

  


jueves, 8 de septiembre de 2022

PELÍCULAS

Nesta sección do blog iremos recomendando películas ou documentais, relacionados co deporte, que podedes ver en familia eses días que non se pode saír da casa a facer exercicio polo mal tempo. 

A primeira recomendación que vos damos é "Space Jam", na cal un dos protagonistas é Michael Jordan, un dos mellores xogadores da historia da NBA.


Se vos ten boa pinta a primeira, e quedades con gañas de máis, no 2021 sacaron a segunda parte desta saga; "Space Jam 2: Nuevas leyendas". Nesta ocasión o protagonista é a estrela da NBA Lebron James. 

En próximas semanas engadiremos outras recomendacións cinematográficas.

miércoles, 7 de septiembre de 2022

BENVIDOS AO CURSO ESCOLAR 2022-2023

Bo día rapazas e rapaces!!! A primeira entrada deste blog ímola adicar a darvos a benvida a este novo curso escolar que comeza hoxe. Moito ánimo a tod@s e estade atentos ás novidades que imos ir colgando por aquí.