martes, 25 de abril de 2023

BALONCESTO/BALONMÁN XOGADE (Alevín)

Hoxe acercámonos ata as instalacións do CPR Plurilingüe María Inmaculada para disputar unha nova xornada de deporte escolar, dentro do programa XOGADE.

Durante toda a mañá celebráronse partidos de baloncesto e balonmán da categoría alevín (5º e 6º EP) contra os equipos do María Inmaculada, do CEIP Vicente Arias de la Maza (Vilatuxe) e do CPI Plurilingüe de Rodeiro (Rodeiro). 

Tedes máis fotos na galería da web do cole. Podedes pinchar sobre a imaxe para acceder a elas.

lunes, 24 de abril de 2023

PRORROGAMOS SEMANA CON PELOTAS E RAQUETAS

Visto a boa acollida que tivo esta iniciativa durante a semana pasada, prorrogamos durante dúas semanas máis esta proposta de xogos para o patio.

jueves, 20 de abril de 2023

RALI DO COCIDO E TRANSGALAICA

Fin de semana para non aburrirse no noso concello coa disputa de dúas probas deportivas. 

Comezamos o venres e sábado coa celebración do XXVII Rali do Cocido, carreira puntuable para a Copa de España de Ralis de Asfalto e tamén para a Clio Trophy Galicia. Un dos tramos do sábado pola mañá transcurre por terras do noso concello, concretamente pola parroquia de Escuadro.

Xa o domingo tocaralle a quenda á proba ciclista Transgalaica (maratón mtb series). O percorrido, con saída e chegada no parque da Bandeira, pasará por diferentes zonas do concello, como por exemplo, o Mosteiro de Carboeiro e as Fervenzas do Toxa.

ANIMÁDEVOS A ACERCARVOS ÁS DIFERENTES LOCALIZACIÓNS DAS PROBAS PARA DISFRUTAR DESTAS DISCIPLINAS DEPORTIVAS.

Se pinchades sobre os carteis, accederedes a máis información de cada unha.

jueves, 13 de abril de 2023

XOGAMOS CON PELOTAS E RAQUETAS

Para a semana que vén vos propoñemos xogos de pelota para levar á práctica durante os recreos.  Para poder xogar, teredes repartido polo patio o material preciso para o seu desenvolvemento. 

Non olvidedes que unha vez finalicedes de xogar, o material ten que quedar recollido.

Para ver as regras de cada un deles, pínchade enriba do nome do xogo.

Quen dá máis toques co pé??

Quen dá máis toques coa raqueta??

O último gaña!!

Brilé

 A Bomba

Sangue

Un , x, dous

 15 puntos


Pincha 👉AQUÍ👈 para acceder á galería de fotos.

jueves, 6 de abril de 2023

DÍA INTERNACIONAL DO DEPORTE PARA O DESENVOLVEMENTO E A PAZ // DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Nesta primeira semana de abril conmemóranse dúas datas moi relacionadas coa nosa área. 

A primeira é hoxe, 6 de abril, na cal se celebra o "Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz"A segunda é mañá, venres 7, adicada ao "Día Mundial da Saúde". 

Ditas conmemoracións presenta unha oportunidade para recoñecer o papel positivo do deporte e a actividade física na nosa saúde, así como nas comunidades e na vida das persoas de todo o mundo.