Esta semana o alumnado de primaria está a recibir unha sesión de atletismo
no que practican algunhas das diferentes modalidades deste deporte, como por
exemplo: os saltos de lonxitude e de altura, as carreiras e o lanzamento de
vortex.
Estas sesións están impartidas por membros do Club Escola Atletismo Deza,
aos cales lle agradecemos a súa disponibilidade para levar a cabo a actividade.
Podedes ver as fotos premendo 👉AQUÍ👈
En relación con esta actividade, este fin de semana celébrase en Lalín a XIII Carreira do Cocido. Se queredes pasar un rato entretido, e poñer a proba a vosa forma física, animádevos a participar.
Se premedes sobre a imaxe accederedes á páxina onde poderedes facer a vosa
inscrición, ver o regulamento...