miércoles, 24 de mayo de 2023

CAMPIONATO DE GALICIA ESCOLAR KUNG FU

Este sábado 27 de maio, a partir das 17:00h, celebrarase no Lalín Arena o XXXIX Campionato de Galicia Escolar de Kung-fu.

Se podedes, acercádevos a coñecer un pouco máis deste deporte e de paso aproveitade para animar a vari@s compañeir@s do cole que van participar no mesmo.


miércoles, 10 de mayo de 2023

PATIOS ACTIVOS-DIVERTIDOS (Xogos Populares e Tradicionais)

Con motivo da celebración o 17 de maio do Día das Letras Galegas, a partir do luns 15 teredes a oportunidade de xogar durante os recreos a diferentes xogos populares e tradicionais. 

Tedes a continuación a listaxe dos xogos propostos, e se pinchades enriba deles, obteredes información de como podedes xogar con ese material. Nalgúns hai un vídeo explicativo.

BIRLOS

BUXAINA   (Forma de envolvelo - trucos)

CANICAS    (Guá - ollo ou bombardero)

CHAPAS  (Carreiras)

CARREIRA DE SACOS

ESQUÍS COOPERATIVOS (vídeo)

MARIOLA  (vídeo)

ZANCOS

TALLER DE CONDUTAS P.A.S. (Protexer-Avisar-Socorrer)

Onte pola mañá o alumnado de 5º e 6º de EP, e pola tarde, o profesorado do centro, participamos nun taller relacionado coas condutas P.A.S. (Protexer-Avisar-Socorrer) en situacións de emerxencia. A actividade consistíu nunhas sesións teórico-prácticas sobre a maneira de actuar ante contusións, queimaduras, hemorraxías..., así como coñecer a maniobra de Heimlich, a técnica de RCP, a posición lateral de seguridade e a manipulación dun DESA. 

O taller foi impartido por unha integrante de Cruz Vermella que exerce con enfermeira nun centro sanitario.

Tedes máis fotos se pinchades sobre a imaxe.

martes, 9 de mayo de 2023

LIGA GALEGA DE ESPADA

Este sábado 13 de maio, a partir das 10:00h, tedes a oportunidade de disfrutar da Liga Galega de Espada no Pavillón César González Fares (Silleda).

Nesta competición participarán decenas de esgrimistas procedentes das distintas localidades da xeografía galega.

Achegamos cartel da competición.