miércoles, 29 de marzo de 2023

SAÍDA AO PARQUE DAS PEDROSAS

Os nenos e nenas de 1º e 2º de educación primaria desprazáronse hoxe mércores ata o Parque das Pedrosas de Silleda. Alí fixeron unha xornada de convivenvia entre as catro aulas na que aproveitaron para merendar e realizar diferentes xogos neste espazo.
O traxecto entre o centro e dito parque fixérono a pé, percorrendo unha distancia de 3 km ida e volta polo que superaron con creces o reto da milla diaria.

Deixámosvos unhas fotos do que dou de si este día. Pulsade sobre a imaxe.

lunes, 27 de marzo de 2023

CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS COMARCAIS

Informarvos que o martes 4 de abril, nos campos de Outeiriño (Silleda) e da Gandareira (A Bandeira), disputaránse as finais do Campionato Galego de Seleccións Comarcais nas categorías Sub-11 de fútbol 8 e Sub-14 de fútbol 11.

Deixámosvos aquí o cartel

jueves, 16 de marzo de 2023

BALONCESTO/BALONMÁN XOGADE (Benxamín)

Seguindo coas xornadas de deporte, dentro do programa XOGADE, hoxe acercámonos ata as instalacións do CPR Plurilingüe María Inmaculada onde disputamos un minicampionato de baloncesto e balonmán contra os equipos do María Inmaculada, do CEIP Vicente Arias de la Maza (Vilatuxe) e do CPI Plurilingüe de Rodeiro (Rodeiro). 

Ao longo da mañá celebráronse diferentes partidos de categoría benxamín (3º e 4º EP) no que o alumnado puso en práctica as súas habilidades nestas dúas disciplinas.

Tedes máis fotos na galería da web do cole. 



Pinchade sobre a imaxe para acceder á galería