lunes, 27 de noviembre de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

En 1992, Nacións Unidas declarou o día 3 de decembro como o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O seu obxectivo é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.

Este ano para celebralo, entre as actividades programadas no centro, está a realización dun pequeno circuíto onde o alumnado empatizará coas persoas que presentan algunha discapacidade física, auditiva e visual. Esta actividade levarémola a cabo o xoves e venres desta semana, xa que o propio día é o domingo.

A continuación deixámovos un par de vídeos sobre o tema. O primeiro explícanos un pouquiño sobre este día, mentres que no segundo podemos ver a varios deportistas españois mandando unha mensaxe para a normalización das discapacidades, especialmente no deporte.


viernes, 17 de noviembre de 2023

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS

Hoxe venres, disputouse “A Carreira de Campo a Través” organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte, da Xunta de Galicia, dentro do programa XOGADE.

Esta proba celebrouse no ring hípico das instalacións da Semana Verde de Galicia (Silleda) onde se deron cita a maioría dos institutos e colexios educativos da comarca do Deza, polo que a parte das probas deportivas, tamén serviu como actividade de convivencia entre o alumnado.

A continuación deixámosvos o enlace a algunhas fotos pinchando sobre a imaxe. 

miércoles, 15 de noviembre de 2023

MESA DE PING-POING

Non foi sen tempo... pero a espera dou os seus froitos. Xa temos montada no patio a nosa mesa de ping-pong. Agora nos recreos xa podedes facer uso delas. 


 Podedes ver as regras básicas deste deporte pinchando 👉👉AQUÍ👈👈.

* 🚧⛔🚧Acordádevos que na mesa de ping pong non podemos subirnos, sentarnos, comer enriba dela...

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS

Xa temos nova data para a celebración da proba de Cross que se aprazou polas condicións meteorolóxicas. 

Esta realizarase o próximo venres 17 dentro do horario lectivo e terá lugar nas instalacións da Semana Verde de Galicia (Silleda).

Aconsellamos ao alumnado participante (3º, 4º, 5º e 6º de EP) que veña con roupa deportiva adecuada, así como unha mochila con roupa de reposto (calzado, calcetíns, pantalón, camiseta,…).


lunes, 13 de noviembre de 2023

VÍDEO SEMANA DO PEÓN

Deixámosvos aquí un pequeno vídeo con imaxes da  "Semana do Péon", onde as nenas e os nenos puideron practicar este xogo tradicional. 

Agradecer ao alumnado de 4ºB a súa colaboración axudando aos seus compañeir@s a bailar os peóns.

 Podedes ver máis fotos e vídeos na páxina web do cole (Pincha AQUÍ).