lunes, 29 de abril de 2024

COMPETICIÓN ALEVÍN DE BALONCESTO/BALONMÁN (XOGADE)

Como fai dúas semanas, hoxe tocoulles ir ás instalacións do CPR Plurilingüe María Inmaculada ao alumnado de 5º e 6º EP para disputar o campionato de baloncesto e balonmán contra os equipos do María Inmaculada (Silleda) e do CEIP Vicente Arias de la Maza (Vilatuxe).

Ao longo da mañá celebráronse diferentes partidos de categoría alevín no que o alumnado puso en práctica as súas habilidades nestas dúas disciplinas.

Tedes máis fotos na galería da web do cole. Para acceder pinchade na foto.

miércoles, 17 de abril de 2024

COMPETICIÓNS BENXAMÍNS DE BALONCESTO/BALONMÁN (XOGADE)

Dentro das xornadas deportivas que estamos a realizar este ano, hoxe tocounos ir ata as instalacións do CPR Plurilingüe María Inmaculada onde disputamos un campionato de baloncesto e balonmán contra os equipos do María Inmaculada e do CEIP Vicente Arias de la Maza (Vilatuxe).

Ao longo da mañá celebráronse diferentes partidos de categoría benxamín (3º e 4º EP) no que o alumnado puso en práctica as súas habilidades nestas dúas disciplinas.

Tedes máis fotos na galería da web do cole. Pincha 👉👉AQUÍ👈👈.

sábado, 6 de abril de 2024

DÍA INTERNACIONAL DO DEPORTE PARA O DESENVOLVEMENTO E A PAZ // DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Nesta primeira semana de abril conmemóranse dúas datas moi relacionadas coa nosa área. 

A primeira é mañá sábado, 6 de abril, na cal se celebra o "Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz"A segunda é o domingo 7, adicada ao "Día Mundial da Saúde". 

Ditas conmemoracións presenta unha oportunidade para recoñecer o papel positivo do deporte e a actividade física na nosa saúde, así como nas comunidades e na vida das persoas de todo o mundo.

martes, 2 de abril de 2024

Nutriescolas (Plan Proxecta)

Este ano o cole tamén está metido no programa “Nutriescolas” que ten como finalidade a prevención do sobrepeso e a obesidade en idade escolar.

Co desenvolvemento deste programa, intentamos que o alumnado  adquira e consolide hábitos alimentarios adecuados e desenvolva as competencias necesarias para facer eleccións saudables no futuro.

Entre as actividades que se están levando a cabo podemos destacar as merendas saudables, elaboración do menú do comedor o último venres de cada mes...