Despois da posta a punta das carrilanas e da toma de contacto que levamos facendo dende a semana pasada coas mesmas, temos que anunciar a celebración para este xoves 9 e venres 10 dun campionato na modalidade "contra o reloxo".
A proba realizarase en dous días, competindo o xoves o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP e o venres os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de EP.
O regulamento da competición será o seguinte:
- Cada equipo estará formado por dous alumn@s.
- A proba
consistirá en dar 2 voltas ao circuíto, tendo en cada volta que ser un piloto
diferente.
- Cada saída de pista penalizará con 5 minutos que se sumarán ao
tempo final.
- O tempo comezará a correr ao son da bucina e pararase ao cruzar
por segunda vez a liña de meta.
- Gaña o equipo que realice o percorrido no menor tempo posible.
ASIQUE XA SABES!!!! BUSCA COMPAÑEIR@ E ANÍMATE A PARTICIPAR!!!!!!😉