viernes, 27 de enero de 2023

CAMPIONATO DE BRILÉ

Hoxe demos por finalizado o Campionato de Brilé coa disputa do último partido na categoría de 1º, 2º, 3º de educación primaria.



Foi unha competición intensa e que se nos alargou no tempo motivado polas inclemencias meterolóxicas, pero na cal os nenos e nenas disfrutaron moito xogando.

Agradecer aos rapaces a súa colaboración, tanto aos compoñentes dos equipos como aos árbitros, xa que sen eles non sería posible a súa realización.

Recordade que tedes na galería da páxina web do cole algunhas fotos dos partidos (PINCHA AQUÍ).

Estade atentos aos próximas días posto que volverán as carreiras de carrilanas polo patio. Tamén temos pendente a práctica cos papaventos, para a cal dependemos de que veñan días de vento.

ALIMENTACIÓN SAUDABLE - FOGGA

O centro está a participar no programa do Fondo Galego de Garantía Agraria –Fogga– que consiste na axuda para o suministro de froita fresca e leite líquida ao alumnado de centros escolares. 

A semana pasado máis esta tócalle o turno á froita, onde as nenas e nenos do cole están dando boa conta das mazás, mandarinas, plátanos, amorodos e melóns que se lles ofrece. 


A partir de hoxe venres 27, e durante un mes, cambiaremos a froita por leite líquido o cal tamén se distribuirá durante os recreos.


Con esta iniciativa inténtase promover no alumnado a importancia da froita e do leite nunha alimentación saudable.

martes, 24 de enero de 2023

FÚTBOL SALA - XOGADE (Benxamín)

Hoxe disputamos no pavillón César González Fares de Silleda un minicampionato de fútbol sala contra os equipos do CEIP Ramón de Valenzuela (A Bandeira) e do CEIP Nosa Señora da Piedade (Vila de Cruces). 

Ao longo da mañá celebráronse diferentes partidos de categoría benxamín (3º e 4º EP) nos que o resultado foi o de menos, xa que os nenos e nenas pasárono moi ben.

Tedes máis fotos na galería da web do cole. 


Pincha sobre a imaxe

lunes, 16 de enero de 2023

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS - XOGADE

O pasado venres 13 de xaneiro disputouse “A Carreira de Campo a Través” organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte, da Xunta de Galicia, dentro do programa XOGADE.

Esta proba celebrouse no ring hípico das instalacións da Semana Verde de Galicia (Silleda) onde se deron cita a maioría dos institutos e colexios educativos da comarca do Deza, polo que a parte das probas deportivas, tamén serviu como actividade de convivencia entre o alumnado.

A continuación deixámosvos o enlace a algunhas fotos pinchando sobre a imaxe.


lunes, 9 de enero de 2023

DÍA INTERNACIONAL DOS PAPAVENTOS

Gustaríanos retomar as clases felicitándovos o Novo Ano e informándovos de que o próximo día 14 de xaneiro conmemórase o Día Internacional do Papaventos.

Tal e como define a RAG (Real Academia Galega), o papaventos é un xoguete formado por unha tea ou un papel fixado nunha armazón, que se eleva no aire debido á presión do vento e que se suxeita e manexa mediante un cordel longo.

Dependendo da zona onde esteamos, temos diferentes nomes para definilo. Por exemplo, en España, pódeselle chamar das seguintes formas: cometa (nome xenérico), sierpe (Asturias), abilucho (Murcia), cachirulo (Valencia), Kometa (euskera), estel (catalán) pandorga (Cádiz)...

Un dos festivais máis importantantes do mundo celébrase na India, en Uttarayan, que é coñecido comunmente como o "festival da cometa" no cal reúnense persoas de todas as partes do país e incluso do mundo para participar e demostrar as súas habiliades.

E como nós non imos ser menos, vos propoñemos celebrar na semana do 16 ao 20 de xaneiro esta conmemoración. A continuación podedes botarlle un ollo ao cartel.


Se premedes na imaxe accederedes a un titorial de como elaborar un papaventos caseiro. 


* Estade atentos ao día que vos toca, e para as nenas e nenos de 3º de EP non vos preocupedes porque non aparecedes ningún día, vos practicaredes nas sesións de EF.

PARA  ACCEDER  A  ALGUNHAS  FOTOS  PINCHADE   👉AQUÍ👈