viernes, 22 de marzo de 2024

CAMPIONATO DE TIRO A CANASTRA

Ide afinando a puntería estes días, xa que á volta das vacacións, realizaremos un campionato de tiros a canastra. 
A competición consistirá en realizar 5 tiros a canastra dende diferentes posicións intentando conseguir o maior número de puntos.




CATEGORÍA 1º / 2º EP         CATEGORÍA 3º / 4º EP         CATEGORÍA 5º / 6º EP

Zona 1 y 3  = 1 punto             Zona 1 y 2  = 1 punto            Zona 1          = 1 punto 

Zona 2        = 3 puntos           Zona 3 y 4  = 3 puntos          Zona 2 y 3    = 3 puntos  

Zona  4 y 5 = 5 puntos           Zona  5      = 5 puntos           Zona  4          = 5 puntos

                                                                                             Zona 5           = 7 puntos



🏀ANÍMATE A PARTICIPAR🏀!!!

Podedes ver as fotos pinchando 👉👉AQUÍ👈👈

miércoles, 20 de marzo de 2024

SENDEIRO DO DEZA (Visita ao Mosteiro de Carboeiro e Fervenza do Toxa)

O venres 15 e o martes 19 de marzo o alumnado de 3º e 4º de EP participou nunha visita didáctica ao Mosteiro de Carboeiro e ás Fervenzas do Toxa. 

Aproveitando dita saída, os nenos e nenas destes cursos aproveitaron para facer unha mini ruta de sendeirismo ao carón do mosteiro.

Deixámovos un enlace á páxina web do cole con imaxes deses días.

TRAMO CAMIÑO DE SANTIAGO 5º E 6º EP (Vexo, veo Xacobeo)

Dentro do programa VEXO, VEO XACOBEO (Plan Proxecta), o alumnado de 5º e 6º de EP realizou onte un tramo do Camiño da Prata, o comprendido entre Ponte Taboada e Silleda. 

Podedes ver unhas fotos desa actividade pinchando 👉👉AQUÍ👈👈

martes, 19 de marzo de 2024

TRANSGALAICA (Proba ciclista)

Este domingo 24 celébrase no noso concello unha proba ciclista dentro do maratón MTB series da Transgalaica. Tanto a saída como a chegada realizarase na Bandeira, pero podedes ver e animar aos participantes nas diferentes zonas polas que pasan. 

Se pinchades no enlace accederedes ao percorrido da proba.

viernes, 8 de marzo de 2024

8 -M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe, 8 de marzo, celebramos como todos os anos o Día da Muller. Para iso, deixámosvos un vídeo referente a mulleres deportistas que destacaron a nivel mundial. A continuación, tedes unha presentación con mulleres galegas que destacan e destacaron no ámbito do deporte.  A ver se vos soa algunha..?


Pinchade sobre a imaxe para que vos leve a presentación realizada por unha compañeira no ano 2021 (burbullasdept).


domingo, 3 de marzo de 2024

XORNADA XOGANDO CO ATLETISMO (2º, 3º, 4º EP)

A semana pasada disfrutamos dunhas xornadas adicadas ao atletismo nas que o alumnado de 2º, 3º e 4º de Ed Primaria tivo unha toma de contacto con este deporte. 

O luns 26 e martes 27, membros do Club Atletismo Deza, acercáronse ao centro para explicarlles, dunha maneira práctica aos nen@s, as diferentes disciplinas que conforman este deporte, incidindo principalmente naquelas probas que se realizaron no campionato que se celebrou o xoves e venres.

Os días do campionato, a parte de realizar as probas establecidas (60 m.l, 500 m.l., salto de lonxitude, lanzamento de peso, lanzamento de vórtex e remudas 12x60), tamén serviu como xornada de convivencia entre o alumnado dos outros dous centros do concello (CEIP Ramón de Valenzuela e CPR Plurilingüe María Inmaculada).

Agradecer ao Club Atletismo Deza e ao Concello de Silleda a organización desta actividade, que tamén se engloba dentro do programa XOGADE.

A continuación deixámosvos un enlace para acceder as fotos. Pinchade sobre a imaxe.


Tamén vos deixamos o cartel da "XIV Carreira do Cocido" que se celebrará en Lalín o domingo 7 de abril. Se vos animades a participar, recordade que podedes facer a vosa inscrición pinchando 👉👉AQUÍ👈👈.