lunes, 24 de octubre de 2022

CAMPIONATO DE BRILÉ / PATIOS ACTIVOS - DIVERTIDOS

Comezado xa o campionato de brilé, recordade que podedes ver o calendario e a clasificación tanto no lateral dereito deste blog, como no panel informativo en fronte a aula de informática. 
Tamén podedes ver as fotos dos primeiros partidos, así como das proposta dos xogos dos patios, entrando na galería da web do cole.
Esperamos que vos gusten!!!

Se pinchades sobre a imaxe, podedes acceder a ela

lunes, 3 de octubre de 2022

PATIOS ACTIVOS-DIVERTIDOS

Iniciamos a semana con grandes novidades!!!!

A partir de mañá martes, comezamos cos patios activos-divertidos. Seguindo a liña continuista do ano anterior, moitas desas zonas xa vos van soar, pero tamén temos algunhas novidades que esperemos que vos gusten!!
A continuación deixámosvos unha presentación onde se explican as diferentes zonas das que consta o patio.

Outra das novidades é o inicio do Campionato de Brilé que comezará o xoves 6. O día antes teremos un partido de exhibición do alumnado de 6º de EP que nos axudará a familiarizarnos con este xogo. Podedes consultar a conformación dos equipos, calendario, clasificacións, regulamento... no panel de EF que está ao carón da aula de informática.

Aquí tedes os carteis destas dúas propostas.