miércoles, 16 de noviembre de 2022

PRESENTACIÓN DA SEMANA DO PEÓN

A semana pasada celebramos "A Semana do Péon", onde as nenas e os nenos puideron practicar este xogo tradicional. 

A continuación deixámosvos unha pequena presentación con algunhas imaxes. Podedes ver máis fotos e vídeos na páxina web do cole (Pincha AQUÍ).


martes, 15 de noviembre de 2022

XOGOS POPULARES NO MAGOSTO

O venres 11 de novembro celebramos o magosto no centro e como non podía ser doutra maneira, foi unha xornada de moita diversión. Despois de degustar as castañas, tivemos a oportunidade de practicar diferentes xogos populares. 

Podedes ver a presentación premendo sobre a imaxe.


lunes, 7 de noviembre de 2022

PLAN PROXECTA+ (PVAD)

Hoxe luns 7 de novembro, saíu a listaxe definitiva de centros admitidos para participar no Plan Proxecta+ durante o curso 2022/23.

Dentro deste Plan, o noso centro foi seleccionado no programa “Proxectos de Vida Activa e Deportiva (PVAD)” que ten como finalidade axudar aos centros a elaborar o seu proxecto de vida activa e deportiva, abordando a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento, dentro e fora do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado.

Para a súa consecución, temos planificadas gran variedade de actividades, como por exemplo:

- Patios activos e divertidos.

- Participación en distintas modalidades de XOGADE.

- Xornadas con actividades físicas e lúdicas en celebracións coma a Semana do Peón, o Magosto...

- Sesións teórico-prácticas de RCP e atragoantamento en EP.

- Andainas pola contorna.

- Milla diaria.

- Promoción de actividades físicas a través do blog de EF.

- Charlas sobre alimentación saudable.


miércoles, 2 de noviembre de 2022

SEMANA DO PEÓN

A próxima semana imos celebrar a "Semana do Peón", polo que se tedes algún na casa podedes traelo para desmostrarlle aos vosos compañeir@s as vosas habilidades. Tamén habilitaremos, na hora dos recreos, unha zona con buxainas onde teredes a oportunidade de xogar con elas.

Como xa sabedes, este é un xogo tradicional que recibe moitos nomes, como por exemplo: buxaina, trompo, peonza, bailarete, vira-vira,... e que forma parte do noso patrimonio cultural. 

No refraneiro popular podemos atopar varios refráns que falan das peonzas, e que indican os meses nos que este xogo é "Trending Topic".


Polo San Martiño, trompos ao camiño - 11 de novembro

Polo San Amaro, trompos ao faiado - 15 de xaneiro

Polo San Antón, peóns ao caixón - 17 de xaneiro

Pola Santa Olaia, peóns á borralla - 12 de febreiro

O primeiro é coñecer as partes do PEÓN e como se xoga. A buxaina é un xoguete feito de madeira, que se pode personalizar facilmente, pintándoo ao noso gusto. 
As partes do peón que debemos coñecer son:

O Ferrón: é o cravo de ferro sobre o que vira/baila o trompo.

O Pirucho: é a parte de arriba, algúns trompos non a teñen.

A Barriga: é a parte máis ancha do peón.

A Capa: Está comprendida entre o pirucho e a barriga.

A Piola: é a corda coa que se envolve o trompo e soe medir uns 50 cm.



Toca agora vestir o peón:
No xeito de vestir o peón está, en grande medida, o éxito para que o xoguete baile. Amárrase da maneira máis tensa posible arredor da barriga do trompo e sóltase rapidamente para facelo bailar. Nun extremo da piola adóitase facer un nó corredizo para evitar que escorregue entre os dedos.
Tamén inflúe a forma de tiralo, cada xogador/a ten que atopar o seu estilo: dende arriba, coma se o tirases cara o chan, ou paralelo ao chan coma se acendeses un motor dunha motoserra...
Podedes visionar estes dous vídeos, un deles sobre unha das formas de envolver a piola sobre o bailarete e como tiralo. No outro móstranse algúns trucos a realizar cando está a buxaina bailando.



Agora tócache a ti... pono na man... enrédalle a piola... e a bailalooooooo!!!!


* Os partidos de brilé que se ían disputar esta semana quedan aprazados, polo que retomaremos o campionato o vindeiro luns.