Chegou o último día de clase, agora a desfrutar das vacacións e cargade pilas para a volta do verán, posto que teremos novas propostas de xogos, campionatos e actividades varias, tanto dentro como fóra do cole.
Este blog nace co fin de fomentar o gusto pola actividade deportiva, así como aumentar o exercicio físico diario como unha das bases dunha vida saudable. Nel poderedes atopar diferentes informacións relacionadas cas propostas dos xogos/actividades durante os patios, competicións internas do cole, probas deportivas que se celebraran nos arredores, ler a prensa deportiva e moitas cousas máis. Se queredes aportar suxerencias, podédelo facer a través do seguinte correo: efceipsilleda@gmail.com
viernes, 19 de junio de 2026
miércoles, 10 de junio de 2026
FOTOS CAMPIONATO DE PENALTIS
Finalizado o último campionato deste curso, deixámosvos aquí o enlace para ver as fotos dalgúns emparellamentos. Pinchade sobre a imaxe para acceder a elas.
MUNDIAL DE FÚTBOL
Para os amantes do fútbol, recordarvos que a partir de mañá temos por diante un mes enteiro de Mundial no que se enfrontan as mellores 48 seleccións do mundo.
Se pinchades na imaxe accederedes á web oficial da FIFA onde atoparedes o calendario da competición cos días e horarios dos enfrontamentos ademaís de informacións varias.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Aquí vos deixamos unha foto dos tres primeiros equipos de cada categoría. Se pinchades sobre a imaxe, accederedes ao resto do dossier.
-
Unha vez finalizado o campionato de carrilanas, a seguinte actividade que vos propoñemos son os xogos populares Para conmemorar o Día das L...
-
Finalizado o último campionato deste curso, deixámosvos aquí o enlace para ver as fotos dalgúns emparellamentos. Pinchade sobre a imaxe para...


