martes, 30 de enero de 2024

FOTOS SEMANA DO PAPAVENTOS

Podedes entrar na galería do cole para ver as imaxes da semana do papaventos. Podedes pinchar sobre a imaxe para acceder a elas. 


viernes, 26 de enero de 2024

ALIMENTACIÓN SAUDABLE - FOGGA

Outro ano máis o centro participa no programa do Fondo Galego de Garantía Agraria –Fogga– que consiste na axuda para o suministro de froita fresca e leite líquida ao alumnado de centros escolares. 

Nestas dúas últimas semanas o alumnado tivo a súa disposición, durante os recreos, froita fresca para o seu consumo (mazás, mandarinas, plátanos, amorodos, melóns...). . 


Nesta semana, e durante un mes, cambiaremos a froita por leite líquido o cal tamén se distribuirá durante os recreos.

Con esta iniciativa inténtase promover no alumnado a importancia da froita e do leite nunha alimentación saudable.

XORNADA DE FÚTBOL SALA BENXAMÍN

Este martes disputamos no pavillón César González Fares de Silleda un minicampionato de fútbol sala contra os equipos do CPR Plurilingüe María Inmaculada (Silleda), CEIP de Cerdeiriñas (Piloño) e do CEIP Vicente Arias de la Maza (Vilatuxe). 

Ao longo da mañá celebráronse diferentes partidos de categoría benxamín (3º e 4º EP) nos que o resultado foi o de menos, xa que os nenos e nenas pasárono moi ben.

Tedes máis fotos na galería da web do cole. Pinchade sobre a imaxe.

👉👉👈👈

viernes, 19 de enero de 2024

EQUIPOS GAÑADORES LIGA BRILÉ 2023-24

Despois da disputa da totalidade das xornadas e realizando o partido de desempate na categoría de Cidades Galegas. Os equipos gañadores da Liga de Brilé no curso 2023-24 foron:

Categoría: Paisaxes e monumentos galegos (1º, 2º, e 3º Ed Primaria).

TORRE DE HÉRCULES


Categoría: Cidades galegas (4º, 5º, e 6º Ed. Primaria).


A CORUÑA

miércoles, 10 de enero de 2024

FÚTBOL SALA (XOGADE)

Neste mes de xaneiro continuamos cas competicións de XOGADE. O primeiro deporte que imos practicar é o fútbol sala, na que competirán primeiro a categoría benxamín e despois a alevín. Xa vos informaremos do día dos partidos.

A continuación deixámosvos uns vídeos explicativos e un enlace coas regras deste deporte. Botádelle un ollo!!!!



Pincha aí👉👉👉Real Federación Galega de Fútbol - regramento

martes, 9 de enero de 2024

DÍA INTERNACIONAL DOS PAPAVENTOS

Informándovos de que o próximo día 14 de xaneiro conmemórase o Día Internacional do Papaventos.


Tal e como define a RAG (Real Academia Galega), o papaventos é un xoguete formado por unha tea ou un papel fixado nunha armazón, que se eleva no aire debido á presión do vento e que se suxeita e manexa mediante un cordel longo.

Dependendo da zona onde esteamos, temos diferentes nomes para definilo. Por exemplo, en España, pódeselle chamar das seguintes formas: cometa (nome xenérico), sierpe (Asturias), abilucho (Murcia), cachirulo (Valencia), Kometa (euskera), estel (catalán) pandorga (Cádiz)...

Un dos festivais máis importantantes do mundo celébrase na India, en Uttarayan, que é coñecido comunmente como o "festival da cometa" no cal reúnense persoas de todas as partes do país e incluso do mundo para participar e demostrar as súas habiliades.

E como nós non imos ser menos, vos propoñemos celebrar na semana do 15 ao 19 de xaneiro esta conmemoración. A continuación podedes botarlle un ollo ao cartel.



Se premedes na imaxe accederedes a un titorial de como elaborar un papaventos caseiro. 


Podedes pinchar 👉👉AQUÍ👈👈 para acceder ás imaxes.

martes, 2 de enero de 2024

FINALIZACIÓN COMPETICIÓN DE BRILÉ

Queremos comezar as clases felicitándovos o Novo Ano e comunicándovos que co remate do primeiro trimestre, tamén damos por finalizado o Campionato de Brilé. 

Foi unha competición intensa e disputada na cal os nenos e nenas disfrutaron moito xogando. A continuación tedes as clasificacións e os resultados que se conseguiron coa disputa dos partidos. 

 
Hai que dicir que na categoría dos maiores (Cidades Galegas), temos un dobre empate na cabeza, polo que o vindeiro xoves 11 disputarase un partido final para desfacer esa igualdade.  


Agradecer aos rapaces e rapazas a súa colaboración, tanto aos compoñentes dos equipos como aos árbitros, xa que sen eles non sería posible a súa realización.

Recordade que tedes na galería da páxina web do cole algunhas fotos dos partidos (PINCHA AQUÍ).