Como en anos anteriores, durante os recreos da semana do 13 ao 17 de xaneiro conmemoraremos o Día Internacional dos Papaventos (14 de xaneiro).
Este blog nace co fin de fomentar o gusto pola actividade deportiva, así como aumentar o exercicio físico diario como unha das bases dunha vida saudable. Nel poderedes atopar diferentes informacións relacionadas cas propostas dos xogos/actividades durante os patios, competicións internas do cole, probas deportivas que se celebraran nos arredores, ler a prensa deportiva e moitas cousas máis. Se queredes aportar suxerencias, podédelo facer a través do seguinte correo: efceipsilleda@gmail.com
miércoles, 8 de enero de 2025
DÍA INTERNACIONAL DOS PAPAVENTOS
viernes, 20 de diciembre de 2024
martes, 17 de diciembre de 2024
EQUIPOS GAÑADORES LIGA DE BRILÉ
Aquí vos deixamos as fotografías dos equipos gañadores. Na categoría de obras artísticas foi necesario un partido de desempate.
Os equipos gañadores da Liga de Brilé no curso 2024-25 foron:
Categoría: Artistas dos movementos (1º, 2º, e 3º Ed Primaria).
VAN GOGH
Categoría: Obras artísticas (4º, 5º, e 6º Ed. Primaria).
lunes, 16 de diciembre de 2024
CARREIRA SAN SILVESTRE SILLEDA 2024
Como en anos anteriores, o 31 de decembro vaise celebrar en Silleda a Carreira de San Silvestre con saída e chegada na Praza Siñor Afranio.
Se queredes mantervos informados das novas sobre a proba, podedes decirlle aos vosos pais que sigan no Facebook e no Instagram a San Silvestre de Silleda.
Se pinchades sobre o cartel accederedes á plataforma para formalizar a inscrición.
Animádevos a participar se queredes finalizar o ano pasando un rato entretido, e poñendo a proba a vosa forma física.
jueves, 12 de diciembre de 2024
FINALIZACIÓN CAMPIONATO BRILÉ
Co final do trimestre tamén damos por rematada as competicións de brilé despois da disputada da 7º xornada en ambas categorías (1º, 2º e 3º EP e 4º, 5º, e 6º EP) Durante os partidos houbo unha rivalidade "sa" na cal os nenos e nenas disfrutaron moito xogando. A continuación tedes as clasificacións e os resultados que se conseguiron coa disputa dos partidos.
Agradecer aos rapaces e rapazas a súa colaboración, tanto aos compoñentes dos equipos como aos árbitros, xa que sen eles non sería posible a súa realización.
Recordade que tedes na galería da páxina web do cole algunhas fotos dos partidos (PINCHA AQUÍ).
jueves, 5 de diciembre de 2024
IMAXES DO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
A continuación deixámosvos un enlace á galería da páxina web do cole onde podedes ver a actividade que realizamos para conmemorar este día.
jueves, 28 de noviembre de 2024
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O próximo día 3 de decembro imos volver celebrar no noso centro o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Recordarvos que esta data foi proposta por Nacións Unidas en 1992 co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.
Entre as actividades programadas no centro, está a realización dun pequeno circuíto onde o alumnado empatizará coas persoas que presentan algunha discapacidade física, auditiva e visual. Esta actividade levarémola a cabo o martes 3 e mércores 4 da próxima semana.
A continuación deixámovos un par de vídeos sobre o tema. O primeiro explícanos un pouquiño sobre este día, mentres que no segundo podemos ver a varios deportistas españois mandando unha mensaxe para a normalización das discapacidades, especialmente no deporte.
lunes, 18 de noviembre de 2024
RESOLUCIÓN PLAN PROXECTA 2024-25
Fai uns días publicouse a relación de centros admitidos no Plan Proxecta 2024/25. O noso cole volveu ser admitido para participar no programa “Proxectos de Vida Activa e Deportiva (PVAD)” que como xa sabedes ten como finalidade axudar aos centros a elaborar o seu proxecto de vida activa e deportiva, abordando a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento, dentro e fóra do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado.
Podedes seguir as actividades que imos realizando no noso blog Educación Física CEIP Silleda.
Deixámosvos o enlace coa resolución definitiva dos centro admitidos:
miércoles, 13 de noviembre de 2024
XORNADA XOGANDO CO ATLETISMO (2º, 3º, 4º EP)
Este luns 11 e o martes 12 participamos nun campionato de atletismobno que realizamos as seguintes probas: 60 m.l, 500 m.l., salto de lonxitude, salto de altura, lanzamento de vórtex e remudas 12x60). Tamén serviu como xornada de convivencia co alumnado do outro centro da localidade, o CPR Plurilingüe María Inmaculada.
Agradecer ao Club Atletismo Deza a organización desta actividade.
A continuación deixámosvos un enlace para acceder as fotos. Pinchade sobre a imaxe.
lunes, 11 de noviembre de 2024
ENLACE IMAXES SEMANA DO PEÓN
Aquí vos deixamos algunhas fotos do ben que o pasamos na semana do peón. Pinchade sobre a imaxe.
👇👇👇👇👇👇👇👇
-
Xa temos data de inicio para o primeiro campionato do ano!!! Comezaremos o martes 23 de setembro coa primeira xornada de brilé. Tedes ata o...
-
Aquí vos deixamos unha foto dos tres primeiros equipos de cada categoría. Se pinchades sobre a imaxe, accederedes ao resto do dossier.
-
Seguimos renovando o material do patio. Se con anterioridade lles tocou ás porterías de fútbol sala e a mesa de ping-pong, agora é o turno d...





.jpg)


.png)





