jueves, 28 de noviembre de 2024

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O próximo día 3 de decembro imos volver celebrar no noso centro o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Recordarvos que esta data foi proposta por Nacións Unidas en 1992 co  obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.

Entre as actividades programadas no centro, está a realización dun pequeno circuíto onde o alumnado empatizará coas persoas que presentan algunha discapacidade física, auditiva e visual. Esta actividade levarémola a cabo o martes 3 e mércores 4 da próxima semana.

A continuación deixámovos un par de vídeos sobre o tema. O primeiro explícanos un pouquiño sobre este día, mentres que no segundo podemos ver a varios deportistas españois mandando unha mensaxe para a normalización das discapacidades, especialmente no deporte.