Como en anos anteriores, durante os recreos da semana do 13 ao 17 de xaneiro conmemoraremos o Día Internacional dos Papaventos (14 de xaneiro).
Tal e como define a RAG (Real Academia Galega), o papaventos é un xoguete formado por unha tea ou un papel fixado nunha armazón, que se eleva no aire debido á presión do vento e que se suxeita e manexa mediante un cordel longo.
Dependendo da zona onde esteamos, temos diferentes nomes para definilo. Por exemplo, en España, pódeselle chamar das seguintes formas: cometa (nome xenérico), sierpe (Asturias), abilucho (Murcia), cachirulo (Valencia), Kometa (euskera), estel (catalán) pandorga (Cádiz)...
Se queredes facer un papaventos caseiro, seguide os pasos que vos mostra o seguinte vídeo.
Pinchade 👉👉AQUÍ👈👈 para acceder á galería.