domingo, 3 de marzo de 2024

XORNADA XOGANDO CO ATLETISMO (2º, 3º, 4º EP)

A semana pasada disfrutamos dunhas xornadas adicadas ao atletismo nas que o alumnado de 2º, 3º e 4º de Ed Primaria tivo unha toma de contacto con este deporte. 

O luns 26 e martes 27, membros do Club Atletismo Deza, acercáronse ao centro para explicarlles, dunha maneira práctica aos nen@s, as diferentes disciplinas que conforman este deporte, incidindo principalmente naquelas probas que se realizaron no campionato que se celebrou o xoves e venres.

Os días do campionato, a parte de realizar as probas establecidas (60 m.l, 500 m.l., salto de lonxitude, lanzamento de peso, lanzamento de vórtex e remudas 12x60), tamén serviu como xornada de convivencia entre o alumnado dos outros dous centros do concello (CEIP Ramón de Valenzuela e CPR Plurilingüe María Inmaculada).

Agradecer ao Club Atletismo Deza e ao Concello de Silleda a organización desta actividade, que tamén se engloba dentro do programa XOGADE.

A continuación deixámosvos un enlace para acceder as fotos. Pinchade sobre a imaxe.


Tamén vos deixamos o cartel da "XIV Carreira do Cocido" que se celebrará en Lalín o domingo 7 de abril. Se vos animades a participar, recordade que podedes facer a vosa inscrición pinchando 👉👉AQUÍ👈👈.