domingo, 25 de febrero de 2024

CAMPIONATO DE CARRILANAS

Despois da posta a punta das carrilanas e coa toma de contacto que estamos facendo estes días coas mesmas nas que podedes practicar no circuíto que montamos, temos que anunciar a celebración para o xoves 7 e venres 8 de marzo dun campionato na modalidade "contra o reloxo".

A proba realizarase en dous días, competindo o xoves o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP e o venres os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de EP.

O regulamento da competición será o seguinte:

      - Cada equipo estará formado por dous alumn@s.

    - A proba consistirá en dar 2 voltas ao circuíto, tendo en cada volta que ser un piloto diferente.

      - Cada saída de pista penalizará con 5 minutos que se sumarán ao tempo final.

     - O tempo comezará a correr ao son da bucina e pararase ao cruzar por segunda vez a liña de meta.

       - Gaña o equipo que realice o percorrido no menor tempo posible.


ASIQUE XA SABES!!!! BUSCA COMPAÑEIR@ E ANÍMATE A PARTICIPAR!!!!!!🚥🏁🏁🚗😉


SE PINCHADES 👉👉AQUÍ👈👈 ACCEDEDES Á GALERÍA.