Nesta primeira semana de abril conmemóranse dúas datas moi relacionadas
coa nosa área.
A primeira é hoxe, 6 de abril, na cal se celebra o "Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz". A segunda é mañá, venres 7, adicada ao "Día Mundial da Saúde".
Ditas conmemoracións presenta unha oportunidade para recoñecer o papel positivo do deporte e a actividade física na nosa saúde, así como nas comunidades e na vida das persoas de todo o mundo.