miércoles, 29 de marzo de 2023

SAÍDA AO PARQUE DAS PEDROSAS

Os nenos e nenas de 1º e 2º de educación primaria desprazáronse hoxe mércores ata o Parque das Pedrosas de Silleda. Alí fixeron unha xornada de convivenvia entre as catro aulas na que aproveitaron para merendar e realizar diferentes xogos neste espazo.
O traxecto entre o centro e dito parque fixérono a pé, percorrendo unha distancia de 3 km ida e volta polo que superaron con creces o reto da milla diaria.

Deixámosvos unhas fotos do que dou de si este día. Pulsade sobre a imaxe.