Hoxe acercámonos ata as instalacións do CPR Plurilingüe María Inmaculada para disputar unha nova xornada de deporte escolar, dentro do programa XOGADE.
Durante toda a mañá celebráronse partidos de baloncesto e balonmán da categoría alevín (5º e 6º EP) contra os equipos do María Inmaculada, do CEIP Vicente Arias de la Maza (Vilatuxe) e do CPI Plurilingüe de Rodeiro (Rodeiro).
Tedes máis fotos na galería da web do cole. Podedes pinchar sobre a imaxe para acceder a elas.