jueves, 30 de abril de 2026

COMPETICIÓNS BALONCESTO/BALONMÁN BENXAMÍN E ALEVÍN (XOGADE)

Neste mes de abril, leváronse a cabo as xornadas de baloncesto e balonmán (XOGADE) tanto nas categorías benxamín (4ºEP) e alevín (6º EP).  

O alumnado participante desprazouse ata o colexio CPR Plurilingüe María Inmaculada para enfrontarse, en categoría benxamín, aos equipos do María Inmaculada (Silleda), do CEIP Vicente Arias de la Maza (Vilatuxe) e CEIP de Agolada. En categoría alevín participaron os mesmos centros salvo o colexio de Agolada.

Ao longo das dúas xornadas celebráronse diferentes partidos no que o alumnado puso en práctica as súas habilidades nestas dúas disciplinas.

Tedes máis fotos na galería da web do cole. Para acceder pinchade na foto.

domingo, 5 de abril de 2026

DÍA INTERNACIONAL DO DEPORTE PARA O DESENVOLVEMENTO E A PAZ // DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Hoxe 6 de abril celébrase o "Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz", e mañá martes 7, conmemórase o "Día Mundial da Saúde". 

Ditas conmemoracións presenta unha oportunidade para recoñecer o papel positivo do deporte e a actividade física na nosa saúde, así como nas comunidades e na vida das persoas de todo o mundo.


miércoles, 18 de marzo de 2026

XOGAMOS COAS CARRILANAS

A seguinte actividade que vos propoñemos é xogar coas carrilanas. Nestes días, nos que o tempo acompañe, teredes a vosa disposición as carrilanas para xogar con elas no percorrido montado nas pistas polideportivas.

Despois desa toma de contacto organizaremos nas próximas semanas un campionato na modalidade de "contra o reloxo" nas diferentes categoría.

A proba realizarase en tres días, competindo o alumnado de educación primaria na súa categoría correspondente. As datas xa volas comunicaremos.

Podedes irvos anotando por parellas nas follas de inscrición que están no panel de EF.

O regulamento da competición será o seguinte:

       - Cada equipo estará formado por dous alumn@s.

    - A proba consistirá en dar 2 voltas ao circuíto, tendo en cada volta que ser un piloto diferente.

      - Cada saída de pista penalizará con 5 minutos que se sumarán ao tempo final.

     - O tempo comezará a correr ao son da bucina e pararase ao cruzar por segunda vez a liña de meta.

       - Gaña o equipo que realice o percorrido no menor tempo posible.



ASIQUE XA SABES!!!! BUSCADE COMPAÑEIR@, PRACTICADE ESTES DÍAS E DESPOIS  ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NO CAMPIONATO!!!!!!😉

martes, 17 de marzo de 2026

SILLEDA CAMIÑA!

O Concello de Silleda retoma a iniciativa de Silleda Camiña🚶‍♀️🚶‍♂️🌿

A vindeira semana retómase o programa Silleda Camiña, con andainas biosaudables abertas a todas as persoas interesadas 


📍 Saída dende o pavillón municipal César G. Fares
📅 Luns e mércores
🕔 Ás 17:00 horas

Iniciativa para fomentar hábitos saudables, camiñar en compañía e seguir descubrindo espazos do noso municipio.

viernes, 13 de marzo de 2026

EQUIPOS GAÑADORES LIGA BRILÉ 2025-26

Por mor da meteoroloxía adversa que nos acompañou dende o mes de decembro, tomamos a decisión, xunto cos equipos participantes, de finalizar a liga de brilé antes de tempo para así poder realizar outras actividades e campionatos no periodo que queda de curso. Os equipos gañadores foron:

Categoría: Universo  (1º, 2º, e 3º Ed Primaria).

ESTRELA


Categoría: Sistema solar (4º, 5º, e 6º Ed. Primaria).


MARTE

👉RESULTADOS👈                         👉CLASIFICACIÓNS👈

martes, 10 de marzo de 2026

TRANSGALAICA SILLEDA 2026

Este domingo 15 de marzo disputarase por terras do noso concello a segunda proba do maratón MTB series da Transgalaica. Tanto a saída como a chegada realizarase na Bandeira, pero podedes ver e animar aos participantes nas diferentes zonas polas que pasan. 

Se pinchades na imaxe accederedes á páxina web da proba onde podedes ver o percorrido, horarios...

miércoles, 4 de marzo de 2026

XXX RALI DO COCIDO

Para aos que vos gustan as probas de automobilismo, este fin de semana celébrase no concello veciño de Lalín o XXX Rali do Cocido. Para máis información referente a horarios, tramos... pinchade sobre a imaxe.



jueves, 26 de febrero de 2026

XORNADA FÚTBOL SALA BENXAMÍN E ALEVÍN (XOGADE)

 A segunda competición deportiva dentro do programa XOGADE deste curso foi a disputa dos campionatos de fútbol sala nas categorías benxamín (mércores 4 de febreiro) e alevín (xoves 26 de febreiro) entre equipos da comarca. Dada a gran participación de centros organizáronse dúas sedes, sendo unha delas en Silleda no pavillón César González Fares e a outra no CEIP Nosa Señora da Piedade. O noso cole enfrentouse contra os equipos do CPR Plurilingüe María Inmaculada (Silleda) e do CEIP Vicente Arias de la Maza (Vilatuxe). Dicir que na categoría alevín, tamén participou o CEIP de Agolada

Ao longo das dúas xornadas celebráronse diferentes partidos nos que o resultado foi o de menos, xa que os nenos e nenas pasárono moi ben e puideron relacionarse con nenos e nenas doutros centros educativos.

Tedes máis fotos na galería da web do cole. Pinchade sobre a imaxe.

domingo, 15 de febrero de 2026

CARREIRA DO COCID0 2026

En días pasados presentouse a XVI Carreira do Cocido (Lalín). Se queredes pasar un rato entretido, e poñer a proba a vosa forma física, animádevos a participar.  

Se premedes sobre a imaxe, accederedes á páxina principal da carreira onde estaredes informados de todas as novidades, así como poderedes facer a vosa inscrición, ver o regulamento...

miércoles, 4 de febrero de 2026

XOGOS OLÍMPICOS DE INVERNO

Se vos gusta algún deporte de inverno... estades de noraboa!! Dende o 6 ata o 22 de febreiro vanse celebrar, no norte de Italia, os Xogos Olímpicos de Inverno. Neles podedes ver varias disciplinas como por exemplo: bobsleigh, curling, esquí alpino, de fondo, acrobático, de montaña, hockei sobre xeo... 

E se quedades con máis gañas de deportes de inverno, do 6 de marzo ao 15 de marzo celebraranse os Xogos Paralímpicos.

Se pinchades na imaxe, accederedes a páxina oficial da competición onde tedes información sobre actualidade, calendario ... Tamén podedes ver os horarios das probas na parte dereita do blog (axenda deportiva diaria)