Este blog nace co fin de fomentar o gusto pola actividade deportiva, así como aumentar o exercicio físico diario como unha das bases dunha vida saudable. Nel poderedes atopar diferentes informacións relacionadas cas propostas dos xogos/actividades durante os patios, competicións internas do cole, probas deportivas que se celebraran nos arredores, ler a prensa deportiva e moitas cousas máis.
Se queredes aportar suxerencias, podédelo facer a través do seguinte correo: efceipsilleda@gmail.com
En 1992, Nacións Unidas declarou o día 3 de decembro como o Día
Internacional das Persoas con Discapacidade. O seu obxectivo é promover os dereitos e o benestar das persoas con
discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como
concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política,
social, económica e cultural.
Este ano para celebralo, entre as actividades
programadas no centro, está a realización dun pequeno circuíto onde o alumnado empatizará
coas persoas que presentan algunha discapacidade física, auditiva e visual. Esta
actividade levarémola a cabo o xoves e venres desta semana, xa que o propio día
é o domingo.
A continuación deixámovos un par de vídeos sobre o tema. O
primeiro explícanos un pouquiño sobre este día, mentres que no segundo podemos ver
a varios deportistas españois mandando unha mensaxe para a normalización das
discapacidades, especialmente no deporte.
Hoxe venres, disputouse “A Carreira de Campo a Través” organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte, da Xunta de Galicia, dentro do programa XOGADE.
Esta proba celebrouse no ring hípico das instalacións da Semana Verde de Galicia (Silleda) onde se deron cita a maioría dos institutos e colexios educativos da comarca do Deza, polo que a parte das probas deportivas, tamén serviu como actividade de convivencia entre o alumnado.
A continuación deixámosvos o enlace a algunhas fotos pinchando sobre a imaxe.
Non foi sen tempo... pero a espera dou os seus froitos. Xa temos montada no patio a nosa mesa de ping-pong. Agora nos recreos xa podedes facer uso delas.
Podedes ver as regras básicas deste deporte pinchando 👉👉AQUÍ👈👈.
* 🚧⛔🚧Acordádevos que na mesa de ping pong non podemos subirnos, sentarnos, comer enriba dela...
Xa temos nova data para a
celebración da proba de Cross que se
aprazou polas condicións meteorolóxicas.
Esta realizarase o
próximo venres 17 dentro do horario lectivo e terá lugar nas instalacións
da Semana Verde de Galicia (Silleda).
Aconsellamos ao alumnado
participante (3º, 4º,
5º e 6º de EP) que veña con roupa deportiva adecuada, así como unha
mochila con roupa de reposto (calzado, calcetíns, pantalón, camiseta,…).
A próxima semana imos celebrar a "Semana do Peón", polo que se tedes algún na casa podedes traelo para desmostrarlle aos vosos compañeir@s as vosas habilidades. Tamén habilitaremos, na hora dos recreos, unha zona con buxainas onde teredes a oportunidade de xogar con elas.
Como xa sabedes, este é un xogo tradicional que recibe moitos nomes, como por exemplo: buxaina, trompo, peonza, bailarete, vira-vira,... e que forma parte do noso patrimonio cultural.
No refraneiro popular podemos atopar varios refráns que falan das peonzas, e que indican os meses nos que este xogo é "Trending Topic".
Polo San Martiño, trompos ao camiño - 11 de novembro
Polo San Amaro, trompos ao faiado - 15 de xaneiro
Polo San Antón, peóns ao caixón - 17 de xaneiro
Pola Santa Olaia, peóns á borralla - 12 de febreiro
Tamén temos varios cancións referentes ás buxainas, deixámosvos un par delas para que escoitedes.
Mestres escoitades as cancións, podedes descargar para pintar os peóns que vos deixamos no seguinte enlace 👉👉AQUÍ👈👈.
O primeiro é coñecer as partes do PEÓN e como se xoga. A buxaina é un xoguete feito de madeira, que se pode personalizar facilmente, pintándoo ao noso gusto.
As partes do peón que debemos coñecer son:
O Ferrón: é o cravo de ferro sobre o que vira/baila o trompo.
O Pirucho: é a parte de arriba, algúns trompos non a teñen.
A Barriga: é a parte máis ancha do peón.
A Capa: Está comprendida entre o pirucho e a barriga.
A Piola: é a corda coa que se envolve o trompo e soe medir uns 50 cm.
Toca agora vestir o peón:
No xeito de vestir o peón está, en grande medida, o éxito para que o xoguete baile. Amárrase da maneira máis tensa posible arredor da barriga do trompo e sóltase rapidamente para facelo bailar. Nun extremo da piola adóitase facer un nó corredizo para evitar que escorregue entre os dedos.
Tamén inflúe a forma de tiralo, cada xogador/a ten que atopar o seu estilo: dende arriba, coma se o tirases cara o chan, ou paralelo ao chan coma se acendeses un motor dunha motoserra...
Podedes visionar estes dous vídeos, un deles sobre unha das formas de envolver a piola sobre o bailarete e como tiralo. No outro móstranse algúns trucos a realizar cando está a buxaina bailando.
Agora tócache a ti... pono na man... enrédalle a piola... e a bailalooooooo!!!!
* Os partidos de brilé que se ían disputar esta semana quedan aprazados, polo que retomaremos o campionato o vindeiro luns.
A proba de Cross (XOGADE) que se ía a disputar este venres nas instalacións da Semana Verde, finalmente queda aprazada polas condicións meteorolóxicas.
Estade atentos, xa que nos próximos días confirmaremos nova data.
Hoxe estamos de noraboa
no cole xa que o centro foi admitido en varios programas do Plan Proxecta. Un
deles é o “Proxectos de Vida Activa e Deportiva (PVAD)” que ten como
finalidade axudar aos centros a elaborar o seu proxecto de vida activa e
deportiva, abordando a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a
través do incremento, dentro e fora do horario lectivo, da carga real de
actividade física que realiza o alumnado.
Para a súa consecución, temos planificadas gran variedade de actividades,
como por exemplo:
- Patios activos e divertidos.
- Participación en distintas modalidades de XOGADE.
- Xornadas con actividades físicas e lúdicas en celebracións coma a
Semana do Peón, o Magosto, Día Internacional dos papaventos,...
- Andainas pola contorna.
- Milla diaria.
- Promoción de actividades físicas a través do blog de EF.
- Etc.
Os outros programas nos que fomos
seleccionados son "Nutriescolas" e "Vexo, veo Xacobeo", cos
cales realizaremos actividades conxuntas en favor dunha vida máis saudable.
Deixámosvos
o enlace coa resolución definitiva dos centro admitidos:
Boas rapaz@s!!! Para inagurar este curso as actividades en familia, vos propoñemos que vos iniciedes no deporte do sendeirismo.
Na nosa comarca hai varias rutas que trascurren por diferentes lugares, e que a parte de permitirnos estar en contacto coa natureza, tamén nos axudan a facer exercicio físico. A primeira proposta que podedes realizar é unha parte da ruta do
"Sendeiro do Muíño de Cuíña" (Prado-Lalín). Deixámosvos información sobre a mesma, así
como unhas nocións básicas sobre o sendeirismo.
Se premedes sobre a imaxe, accederedes á ruta que ten unha distancia de case 11km, pero para ir comezando, recomendámosvos facer o tramo circular de 3 km con saída e chegada no propio Muiño de Cuíña. Esta parte do sendeiro transcorre ao carón do regueiro de Santa Lucía, onde podedes observar diferentes muíños, a Capela que leva o mesmo nome, unha antiga fábrica de curtidos e lavadoiros... A súa dificultade é baixa.
Se premedes 👉AQUÍ👈, accederedes a unha breve explicación sobre o que é o
sendeirismo, a súa sinalización e o material recomendado.
Esperamos que vos guste e sexa o principio de moitas máis rutas😉😉😉.
Esta semana o alumnado de primaria tivo a oportunidade de disfrutar dun circuíto polo patio do colexio organizado polo Club Ciclista Estrandese.
A actividade comezou cunha pequena explicación deste deporte e das súas modalidades. Despois o alumnado puido montar en varias bicicletas para realizar o percorrido que consistía en bordear conos, subir por un balancín, pasar entre ferros...
Aquí vos deixamos unha imaxes para vexades ben que o pasamos. (Premede na foto)