lunes, 27 de noviembre de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

En 1992, Nacións Unidas declarou o día 3 de decembro como o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O seu obxectivo é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.

Este ano para celebralo, entre as actividades programadas no centro, está a realización dun pequeno circuíto onde o alumnado empatizará coas persoas que presentan algunha discapacidade física, auditiva e visual. Esta actividade levarémola a cabo o xoves e venres desta semana, xa que o propio día é o domingo.

A continuación deixámovos un par de vídeos sobre o tema. O primeiro explícanos un pouquiño sobre este día, mentres que no segundo podemos ver a varios deportistas españois mandando unha mensaxe para a normalización das discapacidades, especialmente no deporte.