Este blog nace co fin de fomentar o gusto pola actividade deportiva, así como aumentar o exercicio físico diario como unha das bases dunha vida saudable. Nel poderedes atopar diferentes informacións relacionadas cas propostas dos xogos/actividades durante os patios, competicións internas do cole, probas deportivas que se celebraran nos arredores, ler a prensa deportiva e moitas cousas máis.
Se queredes aportar suxerencias, podédelo facer a través do seguinte correo: efceipsilleda@gmail.com
O venres 11 de novembro celebramos o magosto no centro e como non podía ser doutra maneira, foi unha xornada de moita diversión. Despois de degustar as castañas, tivemos a oportunidade de practicar diferentes xogos populares.
Podedes ver a presentación premendo sobre a imaxe.
Dentro deste Plan, o
noso centro foi seleccionado no programa “Proxectos de Vida Activa e Deportiva
(PVAD)” que ten como finalidade axudar aos centros a elaborar o seu proxecto de
vida activa e deportiva, abordando a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e
a obesidade a través do incremento, dentro e fora do horario lectivo, da carga
real de actividade física que realiza o alumnado.
Para a súa consecución,
temos planificadas gran variedade de actividades, como por exemplo:
- Patios activos e
divertidos.
- Participación en
distintas modalidades de XOGADE.
- Xornadas con
actividades físicas e lúdicas en celebracións coma a Semana do Peón, o
Magosto...
- Sesións
teórico-prácticas de RCP e atragoantamento en EP.
-
Andainas pola contorna.
- Milla diaria.
- Promoción de
actividades físicas a través do blog de EF.
A próxima semana imos celebrar a "Semana do Peón", polo que se tedes algún na casa podedes traelo para desmostrarlle aos vosos compañeir@s as vosas habilidades. Tamén habilitaremos, na hora dos recreos, unha zona con buxainas onde teredes a oportunidade de xogar con elas.
Como xa sabedes, este é un xogo tradicional que recibe moitos nomes, como por exemplo: buxaina, trompo, peonza, bailarete, vira-vira,... e que forma parte do noso patrimonio cultural.
No refraneiro popular podemos atopar varios refráns que falan das peonzas, e que indican os meses nos que este xogo é "Trending Topic".
Polo San Martiño, trompos ao camiño - 11 de novembro
Polo San Amaro, trompos ao faiado - 15 de xaneiro
Polo San Antón, peóns ao caixón - 17 de xaneiro
Pola Santa Olaia, peóns á borralla - 12 de febreiro
O primeiro é coñecer as partes do PEÓN e como se xoga. A buxaina é un xoguete feito de madeira, que se pode personalizar facilmente, pintándoo ao noso gusto.
As partes do peón que debemos coñecer son:
O Ferrón: é o cravo de ferro sobre o que vira/baila o trompo.
O Pirucho: é a parte de arriba, algúns trompos non a teñen.
A Barriga: é a parte máis ancha do peón.
A Capa: Está comprendida entre o pirucho e a barriga.
A Piola: é a corda coa que se envolve o trompo e soe medir uns 50 cm.
Toca agora vestir o peón:
No xeito de vestir o peón está, en grande medida, o éxito para que o xoguete baile. Amárrase da maneira máis tensa posible arredor da barriga do trompo e sóltase rapidamente para facelo bailar. Nun extremo da piola adóitase facer un nó corredizo para evitar que escorregue entre os dedos.
Tamén inflúe a forma de tiralo, cada xogador/a ten que atopar o seu estilo: dende arriba, coma se o tirases cara o chan, ou paralelo ao chan coma se acendeses un motor dunha motoserra...
Podedes visionar estes dous vídeos, un deles sobre unha das formas de envolver a piola sobre o bailarete e como tiralo. No outro móstranse algúns trucos a realizar cando está a buxaina bailando.
Agora tócache a ti... pono na man... enrédalle a piola... e a bailalooooooo!!!!
* Os partidos de brilé que se ían disputar esta semana quedan aprazados, polo que retomaremos o campionato o vindeiro luns.
Comezado xa o campionato de brilé, recordade que podedes ver o calendario e a clasificación tanto no lateral dereito deste blog, como no panel informativo en fronte a aula de informática.
Tamén podedes ver as fotos dos primeiros partidos, así como das proposta dos xogos dos patios, entrando na galería da web do cole.
A partir de mañá martes, comezamos cos patios activos-divertidos. Seguindo a liña continuista do ano anterior, moitas desas zonas xa vos van soar, pero tamén temos algunhas novidades que esperemos que vos gusten!!
A continuación deixámosvos unha presentación onde se explican as diferentes zonas das que consta o patio.
Outra das novidades é o inicio do Campionato de Brilé que comezará o xoves 6. O día antes teremos un partido de exhibición do alumnado de 6º de EP que nos axudará a familiarizarnos con este xogo. Podedes consultar a conformación dos equipos, calendario, clasificacións, regulamento... no panel de EF que está ao carón da aula de informática.
O luns e martes desta semana, o alumnado de 3º, 4º, 5º, e 6º de EP tivo a oportunidade de coñecer e practicar a esgrima.
Foi unha pequena toma de contacto que consistiu nunha breve descrición teórica deste deporte, así como das súas armas e o seu equipamento. Tamén tiveron a oportunidade de practicar os movementos básicos e de realizar algún asalto, sempre guiados polo monitor.
Temos que agradecer aos compoñentes de Compostela Esgrima a súa colaboración para realizar dita actividade.
Se premedes sobre a imaxe, podedes ver as fotos das sesións.
Aquí vos deixamos o cartel do Campionato de Brilé que imos organizar no cole. Se queredes participar, recordarde asistir á reunión que se vai celebrar o mércores 14 de setembro no pavillón durante o recreo. Vémonos alí!!
A partir de hoxe queda aberta a inscrición nas distintas Escolas Deportivas.
Por un lado deixámosvos dous enlaces das actividades organizadas polo concello, un deles da propia páxina onde atoparedes a información e a folla de inscrición (Pincha AQUÍ), e un segundo enlace coa oferta de actividades (Pincha sobre a imaxe).
Outras das actividades que se ofertan en Silleda é a de esgrima. Tedes no cartel o teléfono de contacto.
Nesta sección do blog iremos recomendando películas ou documentais, relacionados co deporte, que podedes ver en familia eses días que non se pode saír da casa a facer exercicio polo mal tempo.
A primeira recomendación que vos damos é "Space Jam", na cal un dos protagonistas é Michael Jordan, un dos mellores xogadores da historia da NBA.
Se vos ten boa pinta a primeira, e quedades con gañas de máis, no 2021 sacaron a segunda parte desta saga; "Space Jam 2: Nuevas leyendas". Nesta ocasión o protagonista é a estrela da NBA Lebron James.
En próximas semanas engadiremos outras recomendacións cinematográficas.