viernes, 21 de febrero de 2025

PROBA DE CICLISMO: "O GRAN CAMIÑO"

Para a vindeira semana vaise disputar na nosa comunidade a proba de ciclismo "O Gran Camiño". Das cinco etapas das que consta a proba, dúas van ter o seu final cerca do noso concello (Xoves 27, etapa 2º: Marín - A Estrada e domingo 2, etapa 5º: Betanzos - Santiago de Compostela ). 

A continuación, se pinchades na imaxe, podedes acceder a toda a información (equipos participantes, ciclistas, percorrido, horarios,...).

viernes, 7 de febrero de 2025

XORNADA FÚTBOL SALA BENXAMÍN E ALEVÍN (XOGADE)

Comezamos coas competicións deportivas de XOGADE neste 2025 coa disputa dos minicampionatos de fútbol sala benxamín e alevín entre equipos da comarca. Esta competición celebrouse en dous días, un para cada categoría. Ao ser varios centros participantes, decidiuse facer dúas sedes onde o noso cole enfrentouse na categoría benxamín contra os equipos do CPR Plurilingüe María Inmaculada (Silleda) e do CEIP Vicente Arias de la Maza (Vilatuxe). Na categoría alevín tamén nos enfrontamos aos mesmos equipos máis ao CEIP Xoaquín Loriga (Prado). O lugar de celebración foi o pavillón César González Fares de Silleda.

Ao longo das dúas mañás celebráronse diferentes partidos nos que o resultado foi o de menos, xa que os nenos e nenas pasárono moi ben e puideron relacionarse con nenos e nenas doutros centros educativos.

Tedes máis fotos na galería da web do cole. Pinchade sobre a imaxe.

jueves, 30 de enero de 2025

NOVA MESA DE PING-PONG

Xa dispoñemos no cuberto de nova mesa de ping pong donada pola Consellería de Educación. Agora temos dúas mesas das que podedes disfrutar durante os recreos.

Recordade coidalas e non subirvos a elas⛔😉.


 
Podedes ver as regras básicas deste deporte pinchando 👉AQUÍ👈.

lunes, 27 de enero de 2025

ALIMENTACIÓN SAUDABLE - FOGGA

Outro ano máis o centro participa no programa do Fondo Galego de Garantía Agraria –Fogga– que consiste na axuda para o suministro de froita fresca e leite líquida ao alumnado de centros escolares. 

Nestas dúas últimas semanas o alumnado tivo a súa disposición, durante os recreos, froita fresca para o seu consumo (mazás, mandarinas, plátanos, amorodos, melóns...). . 


Nesta semana, e durante un mes, cambiaremos a froita por leite líquido o cal tamén se distribuirá durante os recreos.

Con esta iniciativa inténtase promover no alumnado a importancia da froita e do leite nunha alimentación saudable.

miércoles, 8 de enero de 2025

DÍA INTERNACIONAL DOS PAPAVENTOS

Como   en   anos    anteriores,    durante   os   recreos    da   semana   do  13   ao   17   de xaneiro conmemoraremos o Día Internacional dos Papaventos (14 de xaneiro).


Tal e como define a RAG (Real Academia Galega), o papaventos é un xoguete formado por unha tea ou un papel fixado nunha armazón, que se eleva no aire debido á presión do vento e que se suxeita e manexa mediante un cordel longo.

Dependendo da zona onde esteamos, temos diferentes nomes para definilo. Por exemplo, en España, pódeselle chamar das seguintes formas: cometa (nome xenérico), sierpe (Asturias), abilucho (Murcia), cachirulo (Valencia), Kometa (euskera), estel (catalán) pandorga (Cádiz)...



Se queredes facer un papaventos caseiro, seguide os pasos que vos mostra o seguinte vídeo.



Pinchade 👉👉AQUÍ👈👈 para acceder á galería.

martes, 17 de diciembre de 2024

EQUIPOS GAÑADORES LIGA DE BRILÉ

Aquí vos deixamos as fotografías dos equipos gañadores. Na categoría de obras artísticas foi necesario un partido de desempate. 

Os equipos gañadores da Liga de Brilé no curso 2024-25 foron:

Categoría: Artistas dos movementos (1º, 2º, e 3º Ed Primaria).


VAN GOGH


Categoría: Obras artísticas (4º, 5º, e 6º Ed. Primaria).



LAS DOS FRIDAS

lunes, 16 de diciembre de 2024

CARREIRA SAN SILVESTRE SILLEDA 2024

Como en anos anteriores, o 31 de decembro vaise celebrar en Silleda a Carreira de San Silvestre con saída e chegada na Praza Siñor Afranio.

Se queredes mantervos informados das novas sobre a proba, podedes decirlle aos vosos pais que sigan no Facebook e no Instagram  a San Silvestre de Silleda.

Se pinchades sobre o cartel accederedes á plataforma para formalizar a inscrición.

Animádevos a participar se queredes finalizar o ano pasando un rato entretido, e poñendo a proba a vosa forma física.

jueves, 12 de diciembre de 2024

FINALIZACIÓN CAMPIONATO BRILÉ

Co final do trimestre tamén damos por rematada as competicións de brilé despois da disputada da 7º xornada en ambas categorías (1º, 2º e 3º EP e 4º, 5º, e 6º EP) Durante os partidos houbo unha rivalidade "sa" na cal os nenos e nenas disfrutaron moito xogando. A continuación tedes as clasificacións e os resultados que se conseguiron coa disputa dos partidos. 





Hai que dicir que na categoría dos maiores, temos un dobre empate na cabeza, polo que o vindeiro martes 17 disputarase un partido final para desfacer esa igualdade.  


Agradecer aos rapaces e rapazas a súa colaboración, tanto aos compoñentes dos equipos como aos árbitros, xa que sen eles non sería posible a súa realización.

Recordade que tedes na galería da páxina web do cole algunhas fotos dos partidos (PINCHA AQUÍ).

jueves, 5 de diciembre de 2024

IMAXES DO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

A continuación deixámosvos  un enlace á galería da páxina web do cole onde podedes ver a actividade que realizamos para conmemorar este día. 

Todo o alumnado do centro puido tomar consciencia das dificultades coa que se atopan as persoas con discapacidade (auditiva, visual e física) para poder realizar rutinas da vida diaria. 

Aquí vos deixamos un enlace ás imaxes da galería (pinchade na foto) e tamén un vídeo-resumo. Esperamos que vos gusten.