martes, 19 de mayo de 2026

CAMPIONATO DE TIROS A CANASTRA

A vindeira semana levaremos a cabo o torneo de tiros a canastra. Este campionato consistirá en realizar 5 tiros dende diferentes posicións intentando conseguir o maior número de puntos.


Podedes anotarvos dende xa nas follas de inscrición no taboleiro de EF, e nos vindeiros días, vos iremos avisando de cando lle toca participar a cada categoría. 

Ide afinando a vosa puntería nos recreos🏀🏀🏀.