lunes, 12 de mayo de 2025

XORNADA DE ATLETISMO PARA 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Este luns 12 tocoulle o turno ao alumnado de 5º e 6º EP disfrutar das xornadas adicadas ao atletismo.

O luns 28 de abril, membros do Club Atletismo Deza acercáronse ao centro para explicarlles, dunha maneira práctica aos nen@s, algunhas das diferentes disciplinas que conforman este deporte.

O día do campionato, a parte de realizar as probas establecidas (60 m.l, 500 m.l., salto de lonxitude, salto de altura, lanzamento de vórtex e remudas 12x50), tamén serviu como xornada de convivencia entre o alumnado dos outros dous centros do concello (CEIP Ramón de Valenzuela e CPR Plurilingüe María Inmaculada).

Agradecer ao Club Atletismo Deza a organización desta actividade.

A continuación deixámosvos un enlace para acceder as fotos. Pinchade 👉👉AQUÍ👈👈