miércoles, 25 de septiembre de 2024

ACTIVIDADE ESGRIMA

Un ano máis, o Club Compostela Esgrima acercounos ata o centro o deporte da esgrima. A actividade consistiu nunha pequena toma de contacto que comezou cunha breve descrición teórica deste deporte, así como das súas armas e o seu equipamento. A parte practicar realizada polo alumnado consistíu no coñecemento dos movementos básicos e incluso puideron realizar algún asalto, sempre guiados polos monitores.

A actividade levouse a cabo o martes 24 e mércores 25, practicipando todo o alumnado de Educación Primaria.

Se premedes sobre a imaxe, podedes ver as fotos das sesións.


Se vos apetece seguir coñecendo e practicando este deporte... aquí tedes o teléfono de contacto e un correo electrónico.