Neste apartado iremos subindo diferentes actividades que podedes facer en familia e que teñen relación co exercicio físico.
Para estes días de vacacións, propoñémosvos dúas propostas que vos axudarán a pasar un rato entretido á vez que realizamos actividade física.
Para os días de bo tempo podedes acercarvos ata a Área Recreativa das Pedrosas onde podedes disfrutar do parque infantil, o parque biosaudable, a cancha polideportiva e aproveitar para facer camiñando a mini ruta circular que hai dentro do recinto.
Pola contra, se o tempo non acompaña, podedes descargar o xogo de mesa da Oca. Esta versión é adaptada para que cada vez que movamos ficha, teñamos que facer o exercicio que nos indiquen. Podedes descargar o xogo pinchando sobre o taboleiro.
* As regras son orientativas, polo que podedes adaptar as actividades á idade dos nenos e nenas.
Esperamos que vos gusten estas dúas prospotas!!!