lunes, 24 de marzo de 2025

TRANSGALAICA SILLEDA (PROBA CICLISTA )

Este domingo 30 celébrase no noso concello unha proba ciclista dentro do maratón MTB series da Transgalaica. Tanto a saída como a chegada realizarase na Bandeira, pero podedes ver e animar aos participantes nas diferentes zonas polas que pasan. 

Se pinchades na imaxe accederedes á páxina web da proba onde podedes ver o percorrido, horarios...

jueves, 20 de marzo de 2025

VISITA XOGADORES OBRADOIRO CAB

Hoxe recibimos, no noso centro, a visita de dous xogadores do Obradoiro CAB, Sergi Quintela e Brad Davison. 

O alumnado de primaria puido facerlle diversas preguntas e velos en acción tirando uns tiros a canastra. Para finalizar a visita, firmáronlle camisetas, gorras e papeis para o recordo.

Tedes máis imaxes na galería da páxina web. 



CAMPIONATO DE CARRILANAS

Despois da toma de contacto que fixemos a semana pasada e esta semana, agora toca realizar o campionato.

A proba realizarase en dous días, competindo o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP. As datas están por determinar posto que as previsións meteorolóxicos non son nada favorables, polo que xa vos iremos dicindo cando se vai celebrar.

Xa vos podedes ir anotando por parellas nas follas de inscrición que están no panel de EF.

O regulamento da competición será o seguinte:

       - Cada equipo estará formado por dous alumn@s.

    - A proba consistirá en dar 2 voltas ao circuíto, tendo en cada volta que ser un piloto diferente.

      - Cada saída de pista penalizará con 5 minutos que se sumarán ao tempo final.

     - O tempo comezará a correr ao son da bucina e pararase ao cruzar por segunda vez a liña de meta.

       - Gaña o equipo que realice o percorrido no menor tempo posible.



          ASIQUE XA SABES!!!! BUSCA COMPAÑEIR@ E ANÍMATE A PARTICIPAR!!!!!!😉

lunes, 10 de marzo de 2025

CARREIRA DO COCIDO

Xa está aberto o prazo de inscrición da XV Carreira do Cocido (Lalín). Se queredes pasar un rato entretido, e poñer a proba a vosa forma física, animádevos a participar.  

Se premedes sobre a imaxe accederedes á páxina onde poderedes facer a vosa inscrición, ver o regulamento...

viernes, 7 de marzo de 2025

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8-M)

Maña 8 de marzo, celebramos como todos os anos o Día da Muller. Para iso, deixámosvos un vídeo referente a mulleres deportistas que destacaron a nivel mundial. A continuación, tedes unha presentación con mulleres galegas que destacan e destacaron no ámbito do deporte.  A ver se vos soa algunha..?


Pinchade sobre a imaxe para que vos leve a presentación realizada por unha compañeira no ano 2021 (burbullasdept).

martes, 4 de marzo de 2025

RALI DO COCIDO 2025

Para os amantes do motor, este fin de semana celébrase o Rali do cocido (Venres 7 e sábado 8) no concello veciño de Lalín. Proba inagural do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes 2025.

Pinchando na imaxe accededes a todas a información sobre os horarios, localización dos tramos...

viernes, 21 de febrero de 2025

PROBA DE CICLISMO: "O GRAN CAMIÑO"

Para a vindeira semana vaise disputar na nosa comunidade a proba de ciclismo "O Gran Camiño". Das cinco etapas das que consta a proba, dúas van ter o seu final cerca do noso concello (Xoves 27, etapa 2º: Marín - A Estrada e domingo 2, etapa 5º: Betanzos - Santiago de Compostela ). 

A continuación, se pinchades na imaxe, podedes acceder a toda a información (equipos participantes, ciclistas, percorrido, horarios,...).

viernes, 7 de febrero de 2025

XORNADA FÚTBOL SALA BENXAMÍN E ALEVÍN (XOGADE)

Comezamos coas competicións deportivas de XOGADE neste 2025 coa disputa dos minicampionatos de fútbol sala benxamín e alevín entre equipos da comarca. Esta competición celebrouse en dous días, un para cada categoría. Ao ser varios centros participantes, decidiuse facer dúas sedes onde o noso cole enfrentouse na categoría benxamín contra os equipos do CPR Plurilingüe María Inmaculada (Silleda) e do CEIP Vicente Arias de la Maza (Vilatuxe). Na categoría alevín tamén nos enfrontamos aos mesmos equipos máis ao CEIP Xoaquín Loriga (Prado). O lugar de celebración foi o pavillón César González Fares de Silleda.

Ao longo das dúas mañás celebráronse diferentes partidos nos que o resultado foi o de menos, xa que os nenos e nenas pasárono moi ben e puideron relacionarse con nenos e nenas doutros centros educativos.

Tedes máis fotos na galería da web do cole. Pinchade sobre a imaxe.

jueves, 30 de enero de 2025

NOVA MESA DE PING-PONG

Xa dispoñemos no cuberto de nova mesa de ping pong donada pola Consellería de Educación. Agora temos dúas mesas das que podedes disfrutar durante os recreos.

Recordade coidalas e non subirvos a elas⛔😉.


 
Podedes ver as regras básicas deste deporte pinchando 👉AQUÍ👈.

lunes, 27 de enero de 2025

ALIMENTACIÓN SAUDABLE - FOGGA

Outro ano máis o centro participa no programa do Fondo Galego de Garantía Agraria –Fogga– que consiste na axuda para o suministro de froita fresca e leite líquida ao alumnado de centros escolares. 

Nestas dúas últimas semanas o alumnado tivo a súa disposición, durante os recreos, froita fresca para o seu consumo (mazás, mandarinas, plátanos, amorodos, melóns...). . 


Nesta semana, e durante un mes, cambiaremos a froita por leite líquido o cal tamén se distribuirá durante os recreos.

Con esta iniciativa inténtase promover no alumnado a importancia da froita e do leite nunha alimentación saudable.