sábado, 30 de septiembre de 2023

ACTIVIDADE DE CICLISMO

Esta semana o alumnado de primaria tivo a oportunidade de disfrutar dun circuíto polo patio do colexio organizado polo Club Ciclista Estrandese.
A actividade comezou cunha pequena explicación deste deporte e das súas modalidades. Despois o alumnado puido montar en varias bicicletas para realizar o percorrido que consistía en bordear conos, subir por un balancín, pasar entre ferros...

Aquí vos deixamos unha imaxes para vexades ben que o pasamos. (Premede na foto)

ACTIVIDADE DE ESGRIMA

O xoves 21 e venres 22, o alumnado de 3º, 4º, 5º, e 6º de EP tivo a oportunidade, como o ano pasado, de coñecer e practicar a esgrima. 

Foi unha pequena toma de contacto que comezou cunha breve descrición teórica deste deporte, así como das súas armas e o seu equipamento. Tamén tiveron a oportunidade de ver un asalto entre dous esgrimistas. A parte practicar realizada polo alumnado consistíu no coñecemento dos movementos básicos e incluso puideron realizar algún asalto, sempre guiados polo monitor.

Temos que agradecer aos compoñentes de Compostela Esgrima a súa colaboración para realizar dita actividade.

Se premedes sobre a imaxe, podedes ver as fotos das sesións.

miércoles, 13 de septiembre de 2023

PATIOS ACTIVOS-DIVERTIDOS

A partir do próximo luns, comezamos cos patios activos-divertidos. Seguindo a liña continuista do ano anterior, moitas desas zonas xa vos van soar, pero tamén temos algunhas novidades que esperemos que vos gusten!!

A continuación deixámosvos unha presentación onde se explican as diferentes zonas das que consta o patio e as instrucións para xogar nelas.

CAMPIONATO DE BRILÉ

Comezamos coa primeira competición deste ano!!! Dada a boa acollida do ano pasado, repetimos o Campionato de brilé, polo que xa vos podedes ir anotando para participar.

Se estás en 4º, 5º ou 6º de ed. primaria, busca nenos e nenas destes cursos para formar un equipo e inscribídevos nas follas que están onde o panel de ed. física (subindo as escaleiras pola clase de música). Recordade que os equipos teñen que ser mixtos (nenos e nenas) e con alumnado deses cursos.

Os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º de ed. primaria, comentádelle aos profes de Ed. física que queredes xogar para que vos anoten e busquen un equipo.

A continuación deixámosvos o cartel e as regras do campionato.



                

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Dende o luns 4 de setembro está aberta a inscrición nas distintas Escolas Deportivas Municipais. 

Deixámosvos dous enlaces das actividades organizadas polo concello, un deles da propia páxina onde atoparedes a información (Pincha AQUÍ), e un segundo enlace coa oferta de actividades (Pincha sobre a imaxe).

martes, 12 de septiembre de 2023

PRESENTACIÓN TEMPADA ESGRIMA

O próximo martes 19 levarase a cabo a presentación da nova tempada de esgrima en Silleda. Podedes consultar os horarios e as localizacións pinchando no cartel.


lunes, 11 de septiembre de 2023

BENVIDOS AO CURSO ESCOLAR 2023-2024

Bos días nen@s!!! Darvos a benvida a este novo curso escolar que comeza hoxe. Moito ánimo a tod@s e estade atentos ás novidades que imos ir colgando por aquí.

miércoles, 21 de junio de 2023

VACACIÓNS



Cargade pilas para a volta do verán, posto que teremos novas propostas de xogos, campionatos e actividades que disfrutaremos tanto no cole como fóra. 

Neste periodo non olvidedes facer DEPORTE e XOGAR moito.🏀⚽⚾🏃🏄

INCHABLES FINAL DE CURSO

Último día de clase, e como non podía ser doutra maneira, tivemos unha xornada festiva na que o alumnado disfrutou de varios inchables.

Tedes na galería da web varias imaxes. Pincha 👉👉AQUÍ👈👈 para acceder a elas.


miércoles, 24 de mayo de 2023

CAMPIONATO DE GALICIA ESCOLAR KUNG FU

Este sábado 27 de maio, a partir das 17:00h, celebrarase no Lalín Arena o XXXIX Campionato de Galicia Escolar de Kung-fu.

Se podedes, acercádevos a coñecer un pouco máis deste deporte e de paso aproveitade para animar a vari@s compañeir@s do cole que van participar no mesmo.