Para aos que vos gustan as probas de automobilismo, este fin de semana celébrase no concello veciño de Lalín o XXX Rali do Cocido. Para máis información referente a horarios, tramos... pinchade sobre a imaxe.
Este blog nace co fin de fomentar o gusto pola actividade deportiva, así como aumentar o exercicio físico diario como unha das bases dunha vida saudable. Nel poderedes atopar diferentes informacións relacionadas cas propostas dos xogos/actividades durante os patios, competicións internas do cole, probas deportivas que se celebraran nos arredores, ler a prensa deportiva e moitas cousas máis. Se queredes aportar suxerencias, podédelo facer a través do seguinte correo: efceipsilleda@gmail.com
miércoles, 4 de marzo de 2026
jueves, 26 de febrero de 2026
XORNADA FÚTBOL SALA BENXAMÍN E ALEVÍN (XOGADE)
A segunda competición deportiva dentro do programa XOGADE deste curso foi a disputa dos campionatos de fútbol sala nas categorías benxamín (mércores 4 de febreiro) e alevín (xoves 26 de febreiro) entre equipos da comarca. Dada a gran participación de centros organizáronse dúas sedes, sendo unha delas en Silleda no pavillón César González Fares e a outra no CEIP Nosa Señora da Piedade. O noso cole enfrentouse contra os equipos do CPR Plurilingüe María Inmaculada (Silleda) e do CEIP Vicente Arias de la Maza (Vilatuxe). Dicir que na categoría alevín, tamén participou o CEIP de Agolada
Ao longo das dúas xornadas celebráronse diferentes partidos nos que o resultado foi o de menos, xa que os nenos e nenas pasárono moi ben e puideron relacionarse con nenos e nenas doutros centros educativos.
Tedes máis fotos na galería da web do cole. Pinchade sobre a imaxe.
domingo, 15 de febrero de 2026
CARREIRA DO COCID0 2026
En días pasados presentouse a XVI Carreira do Cocido (Lalín). Se queredes pasar un rato entretido, e poñer a proba a vosa forma física, animádevos a participar.
Se premedes sobre a imaxe, accederedes á páxina principal da carreira onde estaredes informados de todas as novidades, así como poderedes facer a vosa inscrición, ver o regulamento...
miércoles, 4 de febrero de 2026
XOGOS OLÍMPICOS DE INVERNO
lunes, 12 de enero de 2026
Alimentación saudable - FOGGA
Hoxe dá comezo outra campaña do programa do Fondo Galego de Garantía Agraria –Fogga– que consiste na axuda para o suministro de froita fresca e leite líquida ao alumnado de centros escolares.
O alumnado, durante os recreos, terá a súa disposición froita fresca para o seu consumo (mazás, mandarinas, plátanos, amorodos, melóns...).
Tamén terán acceso ao leite líquido, o cal se distribuirá durante os recreos nas vindeiras semanas.
miércoles, 7 de enero de 2026
DÍA INTERNACIONAL DOS PAPAVENTOS
Xa estamos de volta da vacacións de Nadal e espero que disfrutarades moitos destes días. Para comezar o ano, imos conmemorar o Día Internacional dos Papaventos (14 de xaneiro) xogando con eles durante os recreos da semana do 12 ao 16 de xaneiro.
viernes, 19 de diciembre de 2025
miércoles, 17 de diciembre de 2025
CARRERA SAN SILVESTRE DE SILLEDA
Recordarvos que o 31 de decembro vaise celebrar en Silleda a Carreira de San Silvestre.
Se queredes mantervos informados das novas sobre a proba, podedes decirlle aos vosos pais que sigan no Facebook e no Instagram a San Silvestre de Silleda.
Se pinchades sobre o cartel accederedes á plataforma para formalizar a inscrición.
Animádevos a participar se queredes finalizar o ano pasando un rato entretido, e poñendo a proba a vosa forma física.
lunes, 8 de diciembre de 2025
RESOLUCIÓN PLAN PROXECTA 2024-25
Fai uns días publicouse a relación de centros admitidos no Plan Proxecta 2025/26. O noso cole volveu ser admitido para participar no programa “Proxectos de Vida Activa e Deportiva (PVAD)” que como xa sabedes ten como finalidade axudar aos centros a elaborar o seu proxecto de vida activa e deportiva, abordando a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento, dentro e fóra do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado.
Podedes seguir as actividades que imos realizando neste blog.
Deixámosvos o enlace coa resolución definitiva dos centro admitidos, pinchade na imaxe.
viernes, 5 de diciembre de 2025
FOTOS DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O mércores 3 e xoves 4 deste mes, conmemoramos no centro o Día Internacional da Discapacidade. Se pinchades na imaxe, accederedes á páxina web do cole onde podedes ver a actividade que realizamos para celebrar este día.
-
Xa temos data de inicio para o primeiro campionato do ano!!! Comezaremos o martes 23 de setembro coa primeira xornada de brilé. Tedes ata o...
-
Aquí vos deixamos unha foto dos tres primeiros equipos de cada categoría. Se pinchades sobre a imaxe, accederedes ao resto do dossier.
-
Seguimos renovando o material do patio. Se con anterioridade lles tocou ás porterías de fútbol sala e a mesa de ping-pong, agora é o turno d...









