martes, 11 de junio de 2024

TRAMO CAMIÑO DE SANTIAGO 1º E 2º EP

Esta semana o alumnado de 1º e 2º de EP fixo un tramo do Camiño de Santiago, como podedes ver ían provistos da súa capa de peregrinos.

martes, 28 de mayo de 2024

CAMPIONATO DE PENALTIS

Como xa puidestes comprobar... o noso patio volve ter porterías para a práctica de fútbol ou balonmán, polo que xa podedes disfrutar delas durante os recreos. 
Agradecer a Consellería a súa doazón e ao Concello a súa montaxe.

Para a semana celebraremos un Campionato de Penaltis durante os recreos. Mirade o regulamento e as categorías e anotádevos para participar no papel que está no taboleiro de EF.

lunes, 20 de mayo de 2024

CAMPIONATO KUNG FU PROVINCIAL

Este sábado 25 de maio, a partir das 16:00h, celebrarase o Campionato de Kung Fu Provincial e Sector Vigo no Pavillón Municipal de Deportes de Lalín (Cambio de ubicación de última hora).

Se podedes, acercádevos a coñecer un pouco máis deste deporte e de paso aproveitade para animar a vari@s compañeir@s do cole que van participar no mesmo.

viernes, 17 de mayo de 2024

XORNADA XOGANDO CO ATLETISMOS E ATLETISMO EN PISTA (5º / 6º EP)

Este luns tocoulle o turno ao alumnado de 5º e 6º EP disfrutar das xornadas adicadas ao atletismo.

O luns 6, membros do Club Atletismo Deza acercáronse ao centro para explicarlles, dunha maneira práctica aos nen@s, as diferentes disciplinas que conforman este deporte.

O día do campionato, a parte de realizar as probas establecidas (60 m.l, 500 m.l., salto de lonxitude, lanzamento de vórtex e remudas 12x50), tamén serviu como xornada de convivencia entre o alumnado dos outros dous centros do concello (CEIP Ramón de Valenzuela e CPR Plurilingüe María Inmaculada).

Agradecer ao Club Atletismo Deza e ao Concello de Silleda a organización desta actividade, que tamén se engloba dentro do programa XOGADE.

A continuación deixámosvos un enlace para acceder as fotos. Pinchade 👉👉AQUÍ👈👈

lunes, 6 de mayo de 2024

XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS

Outro ano máis, e con motivo da celebración o 17 de maio do Día das Letras Galegas, a partir do luns 13 teredes a oportunidade de xogar durante os recreos a diferentes xogos populares e tradicionais. 

Tedes a continuación a listaxe dos xogos propostos, e se pinchades enriba deles, obteredes información de como podedes xogar con ese material. Nalgúns hai un vídeo explicativo.

BIRLOS

BUXAINA   (Forma de envolvelo - trucos)

CANICAS    (Guá - ollo ou bombardero)

CHAPAS  (Carreiras)

CARREIRA DE SACOS

ESQUÍS COOPERATIVOS (vídeo)

MARIOLA  (vídeo)

ZANCOS


Tedes 👉👉AQUÍ👈👈 fotos dos xogos destes días.

jueves, 2 de mayo de 2024

RALLYSPRINT CONCELLO DE SILLEDA

Estades de noraboa os amantes do motor, posto que os días 17 e 18 deste mes celebrarase no noso concello a segunda proba puntuable do Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint. Aquí vos deixamo o cartel.
Se pinchades na imaxe accederedes aos tramos, horarios, lista de participantes...

lunes, 29 de abril de 2024

COMPETICIÓN ALEVÍN DE BALONCESTO/BALONMÁN (XOGADE)

Como fai dúas semanas, hoxe tocoulles ir ás instalacións do CPR Plurilingüe María Inmaculada ao alumnado de 5º e 6º EP para disputar o campionato de baloncesto e balonmán contra os equipos do María Inmaculada (Silleda) e do CEIP Vicente Arias de la Maza (Vilatuxe).

Ao longo da mañá celebráronse diferentes partidos de categoría alevín no que o alumnado puso en práctica as súas habilidades nestas dúas disciplinas.

Tedes máis fotos na galería da web do cole. Para acceder pinchade na foto.

miércoles, 17 de abril de 2024

COMPETICIÓNS BENXAMÍNS DE BALONCESTO/BALONMÁN (XOGADE)

Dentro das xornadas deportivas que estamos a realizar este ano, hoxe tocounos ir ata as instalacións do CPR Plurilingüe María Inmaculada onde disputamos un campionato de baloncesto e balonmán contra os equipos do María Inmaculada e do CEIP Vicente Arias de la Maza (Vilatuxe).

Ao longo da mañá celebráronse diferentes partidos de categoría benxamín (3º e 4º EP) no que o alumnado puso en práctica as súas habilidades nestas dúas disciplinas.

Tedes máis fotos na galería da web do cole. Pincha 👉👉AQUÍ👈👈.

sábado, 6 de abril de 2024

DÍA INTERNACIONAL DO DEPORTE PARA O DESENVOLVEMENTO E A PAZ // DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Nesta primeira semana de abril conmemóranse dúas datas moi relacionadas coa nosa área. 

A primeira é mañá sábado, 6 de abril, na cal se celebra o "Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz"A segunda é o domingo 7, adicada ao "Día Mundial da Saúde". 

Ditas conmemoracións presenta unha oportunidade para recoñecer o papel positivo do deporte e a actividade física na nosa saúde, así como nas comunidades e na vida das persoas de todo o mundo.

martes, 2 de abril de 2024

Nutriescolas (Plan Proxecta)

Este ano o cole tamén está metido no programa “Nutriescolas” que ten como finalidade a prevención do sobrepeso e a obesidade en idade escolar.

Co desenvolvemento deste programa, intentamos que o alumnado  adquira e consolide hábitos alimentarios adecuados e desenvolva as competencias necesarias para facer eleccións saudables no futuro.

Entre as actividades que se están levando a cabo podemos destacar as merendas saudables, elaboración do menú do comedor o último venres de cada mes...