Xa dispoñemos no cuberto de nova mesa de ping pong donada pola Consellería de Educación. Agora temos dúas mesas das que podedes disfrutar durante os recreos.
Recordade coidalas e non subirvos a elas⛔😉.
Este blog nace co fin de fomentar o gusto pola actividade deportiva, así como aumentar o exercicio físico diario como unha das bases dunha vida saudable. Nel poderedes atopar diferentes informacións relacionadas cas propostas dos xogos/actividades durante os patios, competicións internas do cole, probas deportivas que se celebraran nos arredores, ler a prensa deportiva e moitas cousas máis. Se queredes aportar suxerencias, podédelo facer a través do seguinte correo: efceipsilleda@gmail.com
Xa dispoñemos no cuberto de nova mesa de ping pong donada pola Consellería de Educación. Agora temos dúas mesas das que podedes disfrutar durante os recreos.
Recordade coidalas e non subirvos a elas⛔😉.
Outro ano máis o centro participa no programa do Fondo Galego de Garantía Agraria –Fogga– que consiste na axuda para o suministro de froita fresca e leite líquida ao alumnado de centros escolares.
Nestas dúas últimas semanas o alumnado tivo a súa disposición, durante os recreos, froita fresca para o seu consumo (mazás, mandarinas, plátanos, amorodos, melóns...). .
Como en anos anteriores, durante os recreos da semana do 13 ao 17 de xaneiro conmemoraremos o Día Internacional dos Papaventos (14 de xaneiro).