miércoles, 25 de septiembre de 2024

ACTIVIDADE ESGRIMA

Un ano máis, o Club Compostela Esgrima acercounos ata o centro o deporte da esgrima. A actividade consistiu nunha pequena toma de contacto que comezou cunha breve descrición teórica deste deporte, así como das súas armas e o seu equipamento. A parte practicar realizada polo alumnado consistíu no coñecemento dos movementos básicos e incluso puideron realizar algún asalto, sempre guiados polos monitores.

A actividade levouse a cabo o martes 24 e mércores 25, practicipando todo o alumnado de Educación Primaria.

Se premedes sobre a imaxe, podedes ver as fotos das sesións.


Se vos apetece seguir coñecendo e practicando este deporte... aquí tedes o teléfono de contacto e un correo electrónico.

jueves, 12 de septiembre de 2024

PATIOS ACTIVOS - DIVERTIDOS

A continuación deixámosvos unha presentación onde se explican as diferentes zonas das que consta o patio e as instrucións para xogar nelas. Este ano como novidade introducimos o xogo do twister. Esperamos que sigades disfrutando dos xogos como estes anos anteriores.



ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Dende o luns 9 de setembro está aberta a inscrición nas distintas Escolas Deportivas Municipais. 

Deixámosvos dous enlaces das actividades organizadas polo concello, un deles da propia páxina onde atoparedes a información (Pincha AQUÍ), e un segundo enlace coa oferta de actividades (Pincha sobre a imaxe).


ANIMÁDEVOS A PRACTICAR ALGÚN DEPORTE🏀🏊⚽😉😉!!!!!

miércoles, 11 de septiembre de 2024

BENVIDA AO CURSO ESCOLAR 2024-2025

Bos días rapazada!!! Xa estamos de volta para iniciarnos nun novo curso escolar que dá comezo hoxe. Moito ánimo a tod@s e estade moi atentos ás novidades que imos ir colgando por aquí!!!