jueves, 26 de febrero de 2026

XORNADA FÚTBOL SALA BENXAMÍN E ALEVÍN (XOGADE)

 A segunda competición deportiva dentro do programa XOGADE deste curso foi a disputa dos campionatos de fútbol sala nas categorías benxamín (mércores 4 de febreiro) e alevín (xoves 26 de febreiro) entre equipos da comarca. Dada a gran participación de centros organizáronse dúas sedes, sendo unha delas en Silleda no pavillón César González Fares e a outra no CEIP Nosa Señora da Piedade. O noso cole enfrentouse contra os equipos do CPR Plurilingüe María Inmaculada (Silleda) e do CEIP Vicente Arias de la Maza (Vilatuxe). Dicir que na categoría alevín, tamén participou o CEIP de Agolada

Ao longo das dúas xornadas celebráronse diferentes partidos nos que o resultado foi o de menos, xa que os nenos e nenas pasárono moi ben e puideron relacionarse con nenos e nenas doutros centros educativos.

Tedes máis fotos na galería da web do cole. Pinchade sobre a imaxe.

domingo, 15 de febrero de 2026

CARREIRA DO COCID0 2026

En días pasados presentouse a XVI Carreira do Cocido (Lalín). Se queredes pasar un rato entretido, e poñer a proba a vosa forma física, animádevos a participar.  

Se premedes sobre a imaxe, accederedes á páxina principal da carreira onde estaredes informados de todas as novidades, así como poderedes facer a vosa inscrición, ver o regulamento...

miércoles, 4 de febrero de 2026

XOGOS OLÍMPICOS DE INVERNO

Se vos gusta algún deporte de inverno... estades de noraboa!! Dende o 6 ata o 22 de febreiro vanse celebrar, no norte de Italia, os Xogos Olímpicos de Inverno. Neles podedes ver varias disciplinas como por exemplo: bobsleigh, curling, esquí alpino, de fondo, acrobático, de montaña, hockei sobre xeo... 

E se quedades con máis gañas de deportes de inverno, do 6 de marzo ao 15 de marzo celebraranse os Xogos Paralímpicos.

Se pinchades na imaxe, accederedes a páxina oficial da competición onde tedes información sobre actualidade, calendario ... Tamén podedes ver os horarios das probas na parte dereita do blog (axenda deportiva diaria)