viernes, 25 de abril de 2025

VOLTA A GALICIA BTT

Os días 1, 2, 3 e 4 de maio celébrase A Volta Galicia BTT con categoría UCI. As etapas do venres 2 e o domingo 4 disputaranse no concello veciño de lalín. Se vos animades a vela, podedes ver máis información sobre a mesma pinchando sobre a imaxe.

jueves, 24 de abril de 2025

COMPETICIÓNS DE BALONCESTO/BALONMÁN BENXAMÍN E ALEVÍN (XOGADE)

Na última semana do segundo trimestre e nesta segunda semana do 3º trimestre, leváronse a cabo as xornadas de baloncesto e balonmán (XOGADE) benxamín (4ºEP) e alevín (6º EP).  

O alumnado participante desprazouse ata o colexio CPR Plurilingüe María Inmaculada para enfrontarse aos equipos do María Inmaculada (Silleda) e do CEIP Vicente Arias de la Maza (Vilatuxe).

Ao longo das dúas xornadas celebráronse diferentes partidos das citadas categorías.
no que o alumnado puso en práctica as súas habilidades nestas dúas disciplinas.

Tedes máis fotos na galería da web do cole. Para acceder pinchade na foto.


miércoles, 23 de abril de 2025

CAMPIONATO DE TIROS A CANASTRA

Ide afinando a puntería nos recreos, posto que nos próximos días realizaremos o campionato de tiros a canastra. 

A competición consistirá en realizar 5 tiros a canastra dende diferentes posicións intentando conseguir o maior número de puntos.

Estade atentos ao tablón de EF para ver que días lle toca a cada categoría.

Podedes ver as fotos do campionado na galería do cole. Pincha 👉👉AQUÍ👈👈

viernes, 4 de abril de 2025

DÍA INTERNACIONAL DO DEPORTE PARA O DESENVOLVEMENTO E A PAZ // DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

O domingo 6 de abril celébrase o "Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz", e o luns 7, adícadase ao "Día Mundial da Saúde". 

Ditas conmemoracións presenta unha oportunidade para recoñecer o papel positivo do deporte e a actividade física na nosa saúde, así como nas comunidades e na vida das persoas de todo o mundo.