viernes, 21 de junio de 2024

VACACIÓNS!!!

Chegamos ao final deste curso cheo de actividades e campionatos, pero para o curso que vén... máis e mellor!!!😉😉.

Recordarvos que este verán, a parte doutras actividades deportivas, vanse celebrar dúas competicións moi importantes, a Eurocopa de fútbol en Alemania (Xa se está a celebrar) e os Xogos Olímpicos de París. Na barra lateral do blog tedes a axenda deportiva diaria, onde podedes consultar os horarios das distintas probas e o canal onde as emiten.


E coma sempre vos dicimos... non vos olvidedes de facer DEPORTE e XOGAR moito!!!🏀🎲🏈🏃🏄🎳

jueves, 20 de junio de 2024

ÚLTIMO DÍA - INCHABLES

Como xa é costume, o último día de clase, os nenos e nenas desfrutaron dunha xornada festiva con varios inchables.

Tedes na galería da web varias imaxes. Pinchade na imaxe para acceder a elas.

viernes, 14 de junio de 2024

COMEZA A EUROCOPA

Para os amantes do fútbol, recordarvos que a partir de hoxe temos por diante un mes enteiro de Eurocopa no que se enfrontan os mellores 24 equipos do continente. 

Se pinchades na imaxe accederedes ao calendario de competición cos días e horarios dos enfrontamentos.

miércoles, 12 de junio de 2024

FOTOS CAMPIONATO DE PENALTIS

 Deixámosvos o enlace á galería da páxina web para ver as fotos do Campionato de Penaltis. Pincha sobre a imaxe.


martes, 11 de junio de 2024

TRAMO CAMIÑO DE SANTIAGO 1º E 2º EP

Esta semana o alumnado de 1º e 2º de EP fixo un tramo do Camiño de Santiago, como podedes ver ían provistos da súa capa de peregrinos.