O luns e martes desta semana, o alumnado de 3º, 4º, 5º, e 6º de EP tivo a oportunidade de coñecer e practicar a esgrima.
Foi unha pequena toma de contacto que consistiu nunha breve descrición teórica deste deporte, así como das súas armas e o seu equipamento. Tamén tiveron a oportunidade de practicar os movementos básicos e de realizar algún asalto, sempre guiados polo monitor.
Temos que agradecer aos compoñentes de Compostela Esgrima a súa colaboración para realizar dita actividade.
Se premedes sobre a imaxe, podedes ver as fotos das sesións.