Aquí vós deixamos as fotos dos medallistas nas tres categorías do Campionato de tiros a canastra. Se queredes ver algunha máis, pinchade sobre a foto.
Este blog nace co fin de fomentar o gusto pola actividade deportiva, así como aumentar o exercicio físico diario como unha das bases dunha vida saudable. Nel poderedes atopar diferentes informacións relacionadas cas propostas dos xogos/actividades durante os patios, competicións internas do cole, probas deportivas que se celebraran nos arredores, ler a prensa deportiva e moitas cousas máis. Se queredes aportar suxerencias, podédelo facer a través do seguinte correo: efceipsilleda@gmail.com
jueves, 28 de mayo de 2026
lunes, 25 de mayo de 2026
CAMPIONATO DE PENALTIS
Último campionato do curso que celebraremos a partir da semana do 1 ao 5 de xuño durante os recreos, polo que ide buscando a vosa parella e botándolle un ollo ao regulamento.
Para participar, tedes que anotarvos na folla de inscrición que está no taboleiro de EF.
martes, 19 de mayo de 2026
CAMPIONATO DE TIROS A CANASTRA
A vindeira semana levaremos a cabo o torneo de tiros a canastra. Este campionato consistirá en realizar 5 tiros dende diferentes posicións intentando conseguir o maior número de puntos.
martes, 12 de mayo de 2026
III RALLYSPRINT CONCELLO DE SILLEDA
Outro ano máis, e xa van tres, volve ao noso concello unha proba puntuable do Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint. Esta celebrarase este fin de semana, o venres 15 e o sábado 16.
Aquí vos deixamos o cartel.
jueves, 7 de mayo de 2026
FOTOS CARRILANAS
Aquí vos deixamos unha foto dos tres primeiros equipos de cada categoría.
Se pinchades sobre a imaxe, accederedes ao resto do dossier.
miércoles, 6 de mayo de 2026
XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS
Unha vez finalizado o campionato de carrilanas, a seguinte actividade que vos propoñemos son os xogos populares
Para conmemorar o Día das Letras Galegas (17 de maio), a partir do luns 11 teredes a oportunidade de xogar durante os recreos a diferentes xogos populares e tradicionais.
Tedes a continuación a listaxe dos xogos propostos, e se pinchades enriba deles, obteredes información de como podedes xogar con ese material. Nalgúns hai un vídeo explicativo.
BUXAINA (Forma de envolvelo - trucos)
CANICAS (Guá - ollo ou bombardero)
-
Xa temos data de inicio para o primeiro campionato do ano!!! Comezaremos o martes 23 de setembro coa primeira xornada de brilé. Tedes ata o...
-
Seguimos renovando o material do patio. Se con anterioridade lles tocou ás porterías de fútbol sala e a mesa de ping-pong, agora é o turno d...
-
Fai uns días publicouse a relación de centros admitidos no Plan Proxecta 2024/25. O noso cole volveu ser admitido para participar no program...





.jpg)