jueves, 30 de abril de 2026

COMPETICIÓNS BALONCESTO/BALONMÁN BENXAMÍN E ALEVÍN (XOGADE)

Neste mes de abril, leváronse a cabo as xornadas de baloncesto e balonmán (XOGADE) tanto nas categorías benxamín (4ºEP) e alevín (6º EP).  

O alumnado participante desprazouse ata o colexio CPR Plurilingüe María Inmaculada para enfrontarse, en categoría benxamín, aos equipos do María Inmaculada (Silleda), do CEIP Vicente Arias de la Maza (Vilatuxe) e CEIP de Agolada. En categoría alevín participaron os mesmos centros salvo o colexio de Agolada.

Ao longo das dúas xornadas celebráronse diferentes partidos no que o alumnado puso en práctica as súas habilidades nestas dúas disciplinas.

Tedes máis fotos na galería da web do cole. Para acceder pinchade na foto.

domingo, 5 de abril de 2026

DÍA INTERNACIONAL DO DEPORTE PARA O DESENVOLVEMENTO E A PAZ // DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Hoxe 6 de abril celébrase o "Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz", e mañá martes 7, conmemórase o "Día Mundial da Saúde". 

Ditas conmemoracións presenta unha oportunidade para recoñecer o papel positivo do deporte e a actividade física na nosa saúde, así como nas comunidades e na vida das persoas de todo o mundo.