COMPETICIÓNS INTERNAS (Brilé)

PÁXINAS E BLOGS INTERESANTES

PRENSA DIXITAL

AXENDA DEPORTIVA DIARIA

PÁXINAS

jueves, 28 de mayo de 2026

FOTOS CAMPIONATO DE TIROS A CANASTRA

Aquí vós deixamos as fotos dos medallistas nas tres categorías do Campionato de tiros a canastra. Se queredes ver algunha máis, pinchade sobre a foto.

lunes, 25 de mayo de 2026

CAMPIONATO DE PENALTIS

Último campionato do curso que celebraremos a partir da semana do 1 ao 5 de xuño durante os recreos, polo que ide buscando a vosa parella e botándolle un ollo ao regulamento. 

Para participar, tedes que anotarvos na folla de inscrición que está no taboleiro de EF.

martes, 19 de mayo de 2026

CAMPIONATO DE TIROS A CANASTRA

A vindeira semana levaremos a cabo o torneo de tiros a canastra. Este campionato consistirá en realizar 5 tiros dende diferentes posicións intentando conseguir o maior número de puntos.


Podedes anotarvos dende xa nas follas de inscrición no taboleiro de EF, e nos vindeiros días, vos iremos avisando de cando lle toca participar a cada categoría. 

Ide afinando a vosa puntería nos recreos🏀🏀🏀.

martes, 12 de mayo de 2026

III RALLYSPRINT CONCELLO DE SILLEDA

Outro ano máis, e xa van tres, volve ao noso concello unha proba puntuable do Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint. Esta celebrarase este fin de semana, o venres 15 e o sábado 16. 

Aquí vos deixamos o cartel.

jueves, 7 de mayo de 2026

FOTOS CARRILANAS

Aquí vos deixamos unha foto dos tres primeiros equipos de cada categoría. 

Se pinchades sobre a imaxe, accederedes ao resto do dossier.

miércoles, 6 de mayo de 2026

XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS

Unha vez finalizado o campionato de carrilanas, a seguinte actividade que vos propoñemos son os xogos populares

Para conmemorar o Día das Letras Galegas (17 de maio), a partir do luns 11 teredes a oportunidade de xogar durante os recreos a diferentes xogos populares e tradicionais. 

Tedes a continuación a listaxe dos xogos propostos, e se pinchades enriba deles, obteredes información de como podedes xogar con ese material. Nalgúns hai un vídeo explicativo.

BIRLOS

BUXAINA   (Forma de envolvelo - trucos)

CANICAS    (Guá - ollo ou bombardero)

CHAPAS  (Carreiras)

CARREIRA DE SACOS

ESQUÍS COOPERATIVOS (vídeo)

MARIOLA  (vídeo)

ZANCOS



Podedes pinchar 👉👉AQUÍ👈👈 para acceder á galería de fotos.