COMPETICIÓNS INTERNAS (Brilé)

PÁXINAS E BLOGS INTERESANTES

PRENSA DIXITAL

AXENDA DEPORTIVA DIARIA

PÁXINAS

martes, 20 de mayo de 2025

CAMPIONATO DE PENALTIS

CHEGA UN DOS CAMPIONATOS MÁIS ESPERADOS DE TODO O CURSO.

Para a semana do 2 ao 6 de xuño celebraremos o Campionato de Penaltis durante os recreos, polo que ide buscando a vosa parella e botándolle un ollo ao regulamento. 

Para participar, tedes que anotarvos no papel que está no taboleiro de EF.


Pincha 👉👉AQUÍ👈👈 para acceder a galería.

lunes, 12 de mayo de 2025

XORNADA DE ATLETISMO PARA 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Este luns 12 tocoulle o turno ao alumnado de 5º e 6º EP disfrutar das xornadas adicadas ao atletismo.

O luns 28 de abril, membros do Club Atletismo Deza acercáronse ao centro para explicarlles, dunha maneira práctica aos nen@s, algunhas das diferentes disciplinas que conforman este deporte.

O día do campionato, a parte de realizar as probas establecidas (60 m.l, 500 m.l., salto de lonxitude, salto de altura, lanzamento de vórtex e remudas 12x50), tamén serviu como xornada de convivencia entre o alumnado dos outros dous centros do concello (CEIP Ramón de Valenzuela e CPR Plurilingüe María Inmaculada).

Agradecer ao Club Atletismo Deza a organización desta actividade.

A continuación deixámosvos un enlace para acceder as fotos. Pinchade 👉👉AQUÍ👈👈

miércoles, 7 de mayo de 2025

XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS

Como cada ano e para celebrar o Día das Letras Galegas (17 de maio), a partir do luns 12 teredes a oportunidade de xogar durante os recreos a diferentes xogos populares e tradicionais. 

Tedes a continuación a listaxe dos xogos propostos, e se pinchades enriba deles, obteredes información de como podedes xogar con ese material. Nalgúns hai un vídeo explicativo.

BIRLOS

BUXAINA   (Forma de envolvelo - trucos)

CANICAS    (Guá - ollo ou bombardero)

CHAPAS  (Carreiras)

CARREIRA DE SACOS

ESQUÍS COOPERATIVOS (vídeo)

MARIOLA  (vídeo)

ZANCOS


Podedes acceder ás fotos pinchando 👉👉AQUÍ👈👈

lunes, 5 de mayo de 2025

II RALLYSPRINT CONCELLO DE SILLEDA

Despois do éxito do ano pasado, volve ao noso concello unha proba puntuable do Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint. Esta celebrarase os días 16 e 17 de maio. Aquí vos deixamos o cartel.