COMPETICIÓNS INTERNAS (Brilé)

PÁXINAS E BLOGS INTERESANTES

PRENSA DIXITAL

AXENDA DEPORTIVA DIARIA

PÁXINAS

jueves, 28 de noviembre de 2024

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O próximo día 3 de decembro imos volver celebrar no noso centro o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Recordarvos que esta data foi proposta por Nacións Unidas en 1992 co  obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.

Entre as actividades programadas no centro, está a realización dun pequeno circuíto onde o alumnado empatizará coas persoas que presentan algunha discapacidade física, auditiva e visual. Esta actividade levarémola a cabo o martes 3 e mércores 4 da próxima semana.

A continuación deixámovos un par de vídeos sobre o tema. O primeiro explícanos un pouquiño sobre este día, mentres que no segundo podemos ver a varios deportistas españois mandando unha mensaxe para a normalización das discapacidades, especialmente no deporte.

 

lunes, 18 de noviembre de 2024

RESOLUCIÓN PLAN PROXECTA 2024-25

Fai uns días publicouse a relación de centros admitidos no Plan Proxecta 2024/25. O noso cole volveu ser admitido para participar no programa “Proxectos de Vida Activa e Deportiva (PVAD)” que como xa sabedes ten como finalidade axudar aos centros a elaborar o seu proxecto de vida activa e deportiva, abordando a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento, dentro e fóra do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado.

Podedes seguir as actividades que imos realizando no noso blog Educación Física CEIP Silleda.

Deixámosvos o enlace coa resolución definitiva dos centro admitidos:

Resolución do 27 de maio de2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que seregula o Plan Proxecta+ e se establecen as bases para a participación doscentros docentes sostidos con fondos públicos durante o curso 2024/25

miércoles, 13 de noviembre de 2024

XORNADA XOGANDO CO ATLETISMO (2º, 3º, 4º EP)

Este luns 11 e o martes 12 participamos nun campionato de atletismobno que realizamos as seguintes probas: 60 m.l, 500 m.l., salto de lonxitude, salto de altura, lanzamento de vórtex e remudas 12x60). Tamén serviu como xornada de convivencia co alumnado do outro centro da localidade, o CPR Plurilingüe María Inmaculada.

Agradecer ao Club Atletismo Deza a organización desta actividade.

A continuación deixámosvos un enlace para acceder as fotos. Pinchade sobre a imaxe.

lunes, 11 de noviembre de 2024

ENLACE IMAXES SEMANA DO PEÓN

 Aquí vos deixamos algunhas fotos do ben que o pasamos na semana do peón. Pinchade sobre a imaxe.

👇👇👇👇👇👇👇👇


👆👆👆👆👆👆👆👆