Este blog nace co fin de fomentar o gusto pola actividade deportiva, así como aumentar o exercicio físico diario como unha das bases dunha vida saudable. Nel poderedes atopar diferentes informacións relacionadas cas propostas dos xogos/actividades durante os patios, competicións internas do cole, probas deportivas que se celebraran nos arredores, ler a prensa deportiva e moitas cousas máis. Se queredes aportar suxerencias, podédelo facer a través do seguinte correo: efceipsilleda@gmail.com
COMPETICIÓNS INTERNAS (Brilé)
PÁXINAS E BLOGS INTERESANTES
PRENSA DIXITAL
AXENDA DEPORTIVA DIARIA
PÁXINAS
martes, 28 de mayo de 2024
CAMPIONATO DE PENALTIS
lunes, 20 de mayo de 2024
CAMPIONATO KUNG FU PROVINCIAL
Este sábado 25 de maio, a partir das 16:00h, celebrarase o Campionato de Kung Fu Provincial e Sector Vigo no Pavillón Municipal de Deportes de Lalín (Cambio de ubicación de última hora).
Se podedes, acercádevos a coñecer un pouco máis deste deporte e de paso aproveitade para animar a vari@s compañeir@s do cole que van participar no mesmo.
viernes, 17 de mayo de 2024
XORNADA XOGANDO CO ATLETISMOS E ATLETISMO EN PISTA (5º / 6º EP)
Este luns tocoulle o turno ao alumnado de 5º e 6º EP disfrutar das xornadas adicadas ao atletismo.
O luns 6, membros do Club Atletismo Deza acercáronse ao centro para explicarlles, dunha maneira práctica aos nen@s, as diferentes disciplinas que conforman este deporte.
O día do campionato, a parte de realizar as probas establecidas (60 m.l, 500 m.l., salto de lonxitude, lanzamento de vórtex e remudas 12x50), tamén serviu como xornada de convivencia entre o alumnado dos outros dous centros do concello (CEIP Ramón de Valenzuela e CPR Plurilingüe María Inmaculada).
Agradecer ao Club Atletismo Deza e ao Concello de Silleda a organización desta actividade, que tamén se engloba dentro do programa XOGADE.
A continuación deixámosvos un enlace para acceder as fotos. Pinchade 👉👉AQUÍ👈👈
lunes, 6 de mayo de 2024
XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS
Outro ano máis, e con motivo da celebración o 17 de maio do Día das Letras Galegas, a partir do luns 13 teredes a oportunidade de xogar durante os recreos a diferentes xogos populares e tradicionais.
Tedes a continuación a listaxe dos xogos propostos, e se pinchades enriba deles, obteredes información de como podedes xogar con ese material. Nalgúns hai un vídeo explicativo.
BUXAINA (Forma de envolvelo - trucos)
CANICAS (Guá - ollo ou bombardero)