Como algúns xa sabedes, o sábado 31 de decembro vaise celebrar en Silleda a Carreira
de San Silvestre. Se queredes finalizar o ano pasando un rato entretido, e poñendo
a proba a vosa forma física, animádevos a participar!!!!
Este blog nace co fin de fomentar o gusto pola actividade deportiva, así como aumentar o exercicio físico diario como unha das bases dunha vida saudable. Nel poderedes atopar diferentes informacións relacionadas cas propostas dos xogos/actividades durante os patios, competicións internas do cole, probas deportivas que se celebraran nos arredores, ler a prensa deportiva e moitas cousas máis. Se queredes aportar suxerencias, podédelo facer a través do seguinte correo: efceipsilleda@gmail.com
COMPETICIÓNS INTERNAS (Brilé)
PÁXINAS E BLOGS INTERESANTES
PRENSA DIXITAL
AXENDA DEPORTIVA DIARIA
PÁXINAS
lunes, 26 de diciembre de 2022
CARREIRA DE SAN SILVESTRE
viernes, 23 de diciembre de 2022
ACTIVIDADES EN FAMILIA
Neste apartado iremos subindo diferentes actividades que podedes facer en familia e que teñen relación co exercicio físico.
Para estes días de vacacións, propoñémosvos dúas propostas que vos axudarán a pasar un rato entretido á vez que realizamos actividade física.
Para os días de bo tempo podedes acercarvos ata a Área Recreativa das Pedrosas onde podedes disfrutar do parque infantil, o parque biosaudable, a cancha polideportiva e aproveitar para facer camiñando a mini ruta circular que hai dentro do recinto.
Pola contra, se o tempo non acompaña, podedes descargar o xogo de mesa da Oca. Esta versión é adaptada para que cada vez que movamos ficha, teñamos que facer o exercicio que nos indiquen. Podedes descargar o xogo pinchando sobre o taboleiro.
* As regras son orientativas, polo que podedes adaptar as actividades á idade dos nenos e nenas.
Esperamos que vos gusten estas dúas prospotas!!!
miércoles, 21 de diciembre de 2022
viernes, 2 de diciembre de 2022
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Aproveitando que mañá, 3 de decembro, celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, aconsellámosvos ver "Campeones". Esta película engloba cousas moi importantes como son os valores, o deporte e o humor, pero hai que ter en conta que non está recomendada para menores de 7 anos.
Déixovos o trailer por se aínda non coñecedes o seu argumento e vos anima a vela.